Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (51/52 anos) Boqueixón, España |
Alcalde | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Ovidio Rodeiro Tato, nado en Boqueixón en 1972, é un político galego do PPdeG.
Diplomado en Maxisterio, foi concelleiro en Boqueixón dende 1999 ata 2009 baixo o mandato de Adolfo Gacio, sendo primeiro tenente de alcalde dende 2003 e ocupando diversas áreas de goberno durante eses anos como Cultura e Deportes ou Obras e Urbanismo.[1] En 2009 foi nomeado Director Xeral de Xuventude e do Voluntariado da Xunta de Galicia, cargo no que se mantivo ata o 2015, cando encabezou a candidatura do PPdeG en Boqueixón para as eleccións municipais e foi elixido alcalde con maioría absoluta.
A finais do 2016 renunciou á alcaldía de para pasar a ser Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña,[2] manténdose no cargo ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, nas cales foi elixido deputado. Encabezou a candidatura do PPdeG en Boqueixón nas municipais de 2023[3] e volveu a ser elixido alcalde con maioría absoluta, polo cal tivo que renunciar como deputado.[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ovidio Rodeiro |
Predecesor: Jesús Sanjuás Mera |
Alcalde de Boqueixón 2015 - 2016 |
Sucesor: Manuel Fernández Munín |
Predecesor: Manuel Fernández Munín |
Alcalde de Boqueixón 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |