Paolo Sorrentino | |
---|---|
![]() Sorrentino en 2018. | |
Nome completo | Paolo Sorrentino |
Nacemento | 31 de maio de 1970 (53 anos) |
Lugar | Nápoles, Italia |
Nacionalidade | ![]() |
Educado en | Universidade de Nápoles Federico II |
Cónxuxe(s) | Daniela D'Antonio |
Profesión | Director, guionista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paolo Sorrentino ([ˈpaolo sorrenˈtino]), nado en Nápoles o 31 de maio de 1970 é un director de cinema e guionista italiano.
Sorrentino debutou como guionista con Polveri di Napoli en 1998 e comezou tamén a dirixir curtametraxes, como L'amore non ha confini (1998) e La notte lunga (2001). O seu primeiro filme foi L'uomo in più.
Acadou recoñecemento internacional no 2004 polo seu filme Le conseguenze dell'amore. O filme Il Divo, biopic dramatizado de Giulio Andreotti, gañou o Prix du Jury no Festival de Cannes e supuxo unha nova colaboración con Toni Servillo. This Must Be the Place, con Sean Penn foi o seu primeiro filme en inglés.
O seu filme de 2013 La grande bellezza gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa entre outros moitos premios.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paolo Sorrentino ![]() |