Peggy Lee
Nome completoNorma Deloris Egstrom
Alcume/outrosPeggy Lee e Susan Melton
Nacemento26 de maio de 1920
LugarJamestown
Falecemento21 de xaneiro de 2002
LugarOs Ánxeles
Causainfarto agudo de miocardio e Diabetes mellitus
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Cónxuxe(s)Dewey Martin, Dave Barbour e Brad Dexter
Profesiónactriz de cinema, actriz, cantante, compositora de cancións, músico de jazz, locutora de radio, actriz de dobraxe, música, actriz de televisión e artista discográfico
Na rede
http://www.peggylee.com/
IMDB: nm0498007 Allocine: 37516 Rottentomatoes: celebrity/peggy_lee Allmovie: p99164 TV.com: people/peggy-lee IBDB: 72342
Facebook: misspeggylee Twitter: peggyleemusic Instagram: peggyleeofficial Youtube: UCWfdzpDGBCOOWxWVR0fLVNw Bandcamp: peggylee Spotify: 602DnpaSXJB4b9DZrvxbDc iTunes: 68857 Last fm: Peggy+Lee Musicbrainz: 5a2463af-eef0-4a22-bc8f-5865fbe9c78e Songkick: 533058 Discogs: 79742 Allmusic: mn0000256349 WikiTree: Egstrom-2 Find a Grave: 6107216 Deezer: 1134 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Norma Deloris Egstrom, nada en Jamestown (Dacota do Norte) o 26 de maio de 1920 e finada nos Ánxeles o 21 de xaneiro de 2002, coñecida como Peggy Lee, foi unha cantante de jazz e de música popular estadounidense, así como compositora e actriz.

Lee foi citada como influencia por artistas tan diversos como Bobby Darin, Paul McCartney, Bette Midler, Madonna, k.d. lang, Elvis Costello, Dusty Springfield ou Dr. John. Como compositora colaborou co seu marido, Dave Barbour, Sonny Burke, Victor Young, Francis Lai, Dave Grusin, John Chiodini e Duke Ellington, quen afirmou:

Se eu son o Duke (duque), entón Peggy é a raíña

Como actriz foi candidata ao premio Oscar polo seu papel en Canción triste de Pete Kelly.

Traxectoria

Inicios

Lee era a máis nova de sete irmáns, e atopou na música un escape dos arrebatos da súa madrasta, Min. Comezou a cantar profesionalmente coa radio KOVC en Valley City, Dacota do Norte, e axiña tivo unha serie radiofónica propia co apoio dun restaurante local que lle pagaba o salario con comida. Durante a súa época no instituto aceptou todo tipo de traballos, dende camareira ata cantante noutras emisoras locais. A personalidade radiofónica Ken Kennedy, de WDAY en Fargo, Dacota do Norte[1] (a emisora máis oída do estado) cambiou o seu nome polo de Peggy Lee.[2] Cansa dos abusos da súa madrasta, abandonou o domicilio e viaxou aos Ánxeles aos dezasete anos.

Volveu a Dacota do Norte para que lle fixesen unha amigdalectomía e finalmente foi a Chicago para actuar en The Buttery Room, un club no Ambassador Hotel West, onde chamou a atención do clarinetista Benny Goodman. Uniuse á banda de Goodman en 1941 e permaneceu nela durante dous anos.[3][4]

Carreira discográfica

A comezos de 1942, Lee conseguiu o seu primeiro número 1, "Somebody Else Is Taking My Place," seguido en 1943 por "Why Don't You Do Right?" (orixinalmente cantado por Lil Green), canción que vendeu máis dun millón de copias e a fixo famosa. Cantou con Goodman en dous filmes de 1943, Stage Door Canteen e The Powers Girl.

En marzo de 1943, Lee casou con Dave Barbour, guitarrista da banda de Goodman.[1] Cando Lee e Barbour deixaron a banda, a idea era que el traballase nos estudios e ela se dedicase ás tarefas domésticas e criar a súa filla, Nicki. Finalmente ela ocupouse na composición e en sesións ocasionais de gravación para Capitol Records en 1944, para quen produciu unha longa cadea de éxitos, moitos deles con letra e música de Lee e Barbour, incluíndo "I Don't Know Enough About You" e "It's a Good Day" (1946). Cando gravou o seu número 1 e récord de vendas de 1948 "Mañana", o seu retiro estaba esquecido.

En 1948 uniuse a Perry Como e Jo Stafford como unha das anfitrioas do programa musical da NBC Radio Chesterfield Supper Club.[5][6] Participou tamén regularmente no programa da NBC Jimmy Durante Show na temporada 1947-48. Deixou Capitol durante uns anos a inicios da década de 1950, mais volveu á compañía en 1957. Foi célebre a súa versión do éxito de Little Willie John "Fever",[5][6] á que engadiu as súas propias letras, e a súa interpretación do tema de Jerry Leiber e Mike Stoller "Is That All There Is?" A súa relación co selo Capitol abrangueu case tres décadas, xunto a un breve pero artisticamente rico período en Decca Records (1952-1956),[7] onde gravou un dos seus álbums máis aclamados Black Coffee (1956). Estando con Decca, Lee conseguiu grandes éxitos coas cancións "Lover" e "Mr. Wonderful".

Composición

Lee foi tamén coñecida como compositora de éxitos como as canción do filme de Disney Lady and the Tramp, para o que interpretou a voz e o canto de catro personaxes.[8] Entre os seus colaboradores escribindo cancións, ademais de Barbour, estiveron Laurindo Almeida, Harold Arlen, Sonny Burke, Cy Coleman, Gene DiNovi, Duke Ellington, Dave Grusin, Dick Hazard, Quincy Jones, Francis Lai, Jack Marshall, Johnny Mandel, Marian McPartland, Willard Robison, Lalo Schifrin, Hubie Wheeler, o guitarrista Johnny Pisano e Victor Young.

Nun momento en que a mocidade comezaba a afeccionarse ao rock and roll, ela foi un dos principais piares das gravacións de Capitol. Foi a primeira da "vella garda" en recoñecer ese novo xénero, como se evidencia nas súas gravacións de The Beatles, Randy Newman, Carole King, James Taylor e outros músicos. Dende 1957 ata o seu último disco para a compañía en 1972, normalmente producía dous ou tres álbums anuais, incluíndo estándar (a miúdo producido nun estilo diferente do orixinal), as súas propias composicións, e material de artistas mozos.

Lee foi candidata a doce Grammy, gañando o premio á mellor interpretación vocal pop feminina polo seu éxito de 1969 "Is That All There Is?". En 1995 recibiu o Grammy á carreira artística.

Escribiu entre outras as letras das seguintse cancións:

Carreira como actriz

Lee tamén actuou en varios filmes. En 1952 traballou con Danny Thomas no filme The Jazz Singer, remake de The Jazz Singer e en 1955 foi unha abatida e alcoholizada cantante de blues en Canción triste de Pete Kelly, papel polo que foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria.

Retiro e falecemento

Continuou a actuar na década de 1990, ás veces en cadeira de rodas,[9] cautivando o público e a crítica. Tras anos de mala saúde, faleceu a causa das complicacións dunha diabetes e dun infarto agudo de miocardio aos 81 anos.[10] Está enterrada no Cemiterio Westwood Village Memorial Park en Westwood, Os Ánxeles.[11]

Discografía

Álbums

Capitol Records

Decca Records

Capitol Records

Álbums posteriores

Filmografía

Notas

  1. 1,0 1,1 Ciment, James; Russell, Thaddeus (2007). The Home Front Encyclopedia: United States, Britain, and Canada in World Wars I and II. ABC-CLIO. p. 654. ISBN 978-1-57607-849-5. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  2. McMorrow, Merle W. (decembro de2010). A Long Short Life: The Trials, Tribulations, Travels, and Trivia of an 88 Year Old Kid. Trafford Publishing. p. 146. ISBN 978-1-4269-4938-8. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  3. Balliett, Whitney (2006). American Singers: Twenty-Seven Portraits in Song. Univ. Press of Mississippi. p. 88. ISBN 978-1-57806-835-7. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  4. Mackin, Tom (1 de xuño de 2008). Brief Encounters: From Einstein to Elvis. AuthorHouse. p. 230. ISBN 978-1-4343-8561-1. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Dunning, John (7 de maio de 1998). On the Air: The Encyclopedia of Old-Time Radio. Oxford University Press, US. pp. 152–. ISBN 978-0-19-507678-3. Consultado o 28 de xuño de 2010. 
  6. 6,0 6,1 Music As Written. Nielsen Business Media. 19 de xuño de 1948. pp. 21–. Consultado o 6 de abril de 2011. 
  7. Strom, Robert (2005). Miss Peggy Lee: A Career Chronicle. McFarland. p. 52. ISBN 978-0-7864-1936-4. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  8. "Lady and the Tramp – 50th Anniversary Edition". PeggyLee.com. 28 de febreiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 01 de setembro de 2018. 
  9. Holden, Stephen (7 de agosto de 1992). "Sounds Around Town". The New York Times. 
  10. Fordham, John (23 de xaneiro de 2002). "Obituary: Peggy Lee". Theguardian.com. Consultado o 5 de decembro de 2017. 
  11. Gavin, James (11 de novembro de 2014). Is That All There Is?: The Strange Life of Peggy Lee. Atria Books. pp. 540–. ISBN 978-1-4516-4180-6. Consultado o 5 de decembro de 2017. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas