Carole Penny Marshall,[1] nada o 15 de novembro de 1943 e finado o 17 de decembro de 2018[1] foi unha actriz, directora e produtora estadounidense. Acadou a fama na década de 1970 polo seu papel de Laverne DeFazio na serie de televisión Laverne & Shirley (1976–1983), recibindo tres nomeamentos ós Globos de Ouro á mellor actriz de serie cómica ou musical pola súa interpretación.
Marshall comezou a dirixir filmes na década de 1980, facendo o seu debut con Jumpin' Jack Flash (1986) antes de dirixir Big (1988), que se converteu no primeiro filme dirixido por unha muller en recadar máis de 100 millóns de dólares nos Estados Unidos. Posteriormente dirixiu filmes como Espertares (1990), que foi nomeado ó Óscar ó mellor filme, A League of Their Own (1992), Un poeta entre reclutas (1994), The Preacher's Wife (1996), e Os mozos da miña vida (2001). Foi produtora de filmes como Cinderella Man (2005) e Bewitched (2005) e dirixiu algúns episodios das series de televisión According to Jim e United States of Tara.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Penny Marshall |