As plantas suculentas, como esta áloe vera, almacenan a auga nas súas follas carnosas

As plantas suculentas son aquelas plantas que adaptadas a climas áridos ou ás condicións do solo reteñen a auga, almacenándoa nas follas, talos, e mais tamén nas raíces. Algunhas son xeófitas [1] que sobreviven durante os períodos desfavorables mantendo subterráneos os seus órganos (tubérculos, cormos e rizomas).

Características

O almacenamento de auga dálles unha aparencia máis inchada ou carnosa ca outras plantas, unha característica coñecida como suculencia, ademais teñen outras estratexias para reteren a auga

Hábitat

A maioría das plantas suculentas habitan en rexións áridas [3] dos trópicos e subtrópicos, como estepas, semidesertos e desertos. As altas temperaturas e a baixa precipitación forzan ás plantas a recoller e almacenar a auga para sobrevivir durante os longos períodos secos. Noutros hábitats, incluídas as selvas tropicais hai plantas suculentas, como as epífitas [4] , que teñen un contacto limitado ou inexistente co solo. Tamén son suculentas plantas expostas ao sal do mar ou dos lagos salinos.

Evolución

As suculentas máis coñecidas son os cactos (familia: cactáceas). Hai unha diferenza significativa entre os cactos que evolucionarion en África e aqueles que o fixeron no continente americano, estes teñen todos espiñas e non existen plantas suculentas do Vello Mundo que teñan espiñas, non obstante por converxencia evolutiva, hai especies similares no Vello mundo que se asemellan a especies que no Novo Mundo teñen espiñas. A natureza funcional das formas evolucionou indepedentemente en cada hemisferio, aínda que as estruturas específicas puideran diferir. As espiñas dos cactos derivan das estruturas das follas.

Familias e xéneros

Apocynaceae: Pachypodium lealii, talo suculento
Asphodelaceae: Haworthia arachnoidea, folla suculenta
Cactaceae: Rebutia muscula, talo suculento
Crassulaceae: Crassula ovata, talo e folla suculenta
Euphorbiaceae: Euphorbia obesa ssp. symmetrica, talo suculento
Malvaceae: Adansonia digitata, talo suculento
Moringaceae: Moringa ovalifolia, talo suculento
Nolinaceae: Beaucarnea recurvata, talo suculento
Ruscaceae: Dracaena draco, talo suculento

Familias e xéneros con plantas suculentas:

(xeófitas suculentas) Eulophia, Liparis, Oeceoclades
(xeófitas) Acroliphia, Bartholina, Bonatea, Brachycorythis, Brownleea, Centrostigma, Ceratandra, Corycium, Cynorkis, Didymoplexis, Disa, Disperis, Dracomonticola, Eulophia, Evotella, Gastrodia, Habernaria, Holothrix, Huttonaea, Neobolusia, Nervilia, Plicosepalus, Pachites, Platycoryne

Nalgunhas familias, a maioría dos seus membros son suculentes, como é o caso de Cactaceae, Agavaceae, Aizoaceae e Crassulaceae.

Número de especies suculentas nalgunhas familias:

Familia Suculentas # partes modificados Distribución
Agavaceae 300 Folla América do Norte e Central
Cactaceae 1600 Talo (raíz, folla) América
Crassulaceae 1300 Folla (raíz) Mundial
Aizoaceae 2000 Folla África do Sur, Australia
Apocynaceae 500 Talo África, Arabia, India, Australia
Didiereaceae 11 Talo Madagascar
Euphorbiaceae > 1000 Talo e/ou folla e/ou raíz Australia, África, Madagascar, Asia, América, Europe
Asphodelaceae 500 Folla África, Madagascar, Australia
Portulacaceae ? Folla e talo América, Australia, Africa

Notas

  1. Matthew Ogburn e Erika J. Edwards " The Ecological Water-Use Strategies of Succulent Plants" in Advances in Botanical Research, vol. 55: Academic Press (2010) , p. 182
  2. 2,0 2,1 2,2 Our South African Flora Ed. RH Compton (194?) Cape Times Ltd
  3. Peter H. Raven, Ray F. Evert e Susan E. Eichhorn Biología de las plantas. Volume 2.. Reverte (1992), p. 445
  4. Pilar Santamarina Siurana, Francisco José García Breijo e Josefa Roselló Caselles Prácticas de biología y botánica. Universidade Politécnica de Valencia (2004) p. 201
  5. FloraBase - The Western Australian Flora Arquivado 12 de outubro de 1999 en Wayback Machine. Retrieved on 2010-1-1
  6. PlantZAfrica Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Retrieved on 2010-1-1
  7. Australian Plant Names Index Retrieved on 2010-1-1

Véxase tamén

Ligazóns externas