Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos.

O IPv6 é a versión 6 do protocolo IP. O IPv6 ten como obxectivo substituír o patrón anterior, o IPv4, que só soporta preto de 4.000 millóns ( 4 x 109) de enderezos, en canto que o IPv6 soporta 3.4 x 1038 enderezos. O esgotamento de todos os enderezos IPv4 delegados pola ICANN no RIR ó que pertence Europa (RIPE NCC)[1] produciuse en novembro do 2019[2]. Porén, isto non implicou o seu desuso. Os provedores de Internet mitigan esta escaseza adquirindo enderezos excedentes doutras redes a través do mercado de transferencia IPv4 ou implementando tecnoloxías para compartir enderezos como CG-NAT[3].

Motivacións para a mudanza de IPv4 para IPv6

[editar | editar a fonte]

Novidades nas especificacións do IPv6

[editar | editar a fonte]

Formato do datagrama IPv6

[editar | editar a fonte]

Un datagrama osmar IPv6 é constituído por un cabeceira base, ilustrado na figura que se segue, seguido de cero ou máis cabeceiras de extensión, seguidos despois polo bloque de dados.

IPv6 header

Formato da cabeceira base do datagrama IPv6:

Fragmentación e determinación do percurso

[editar | editar a fonte]

No IPv6 o responsábel da fragmentación é o host que envía o datagrama, e non os routers intermedios como no caso do IPv4. No IPv6, os routers intermedios descartan os datagramas maiores que o MTU da rede. O MTU será o MTU mínimo soportado polas diferentes redes entre a orixe e o destino. O sistema orixe, alén de determinar o MTU, fragmenta o datagrama de forma a que este se axuste ao MTU.

O proceso de descuberta do MTU ten que ser dinámico, porque o percurso pode alterarse durante a transmisión dos datagramas.

No IPv6, un prefixo non fragmentábel do datagrama orixinal cópiase en cada fragmento. A información de fragmentación gárdase nun cabeceira de extensión separado. Cada fragmento iníciase por unha compoñente non fragmentábel seguida dun cabeceira do fragmento.

Múltiplas cabeceiras

[editar | editar a fonte]

Unha das novidades do IPv6, é a posibilidade de utilización de múltiplas cabeceiras encadeados. Estes cabeceiras extra permiten unha maior eficiencia, debido a que o tamaño da cabeceira pode axustarse ás necesidades. Tamén permite unha maior flexibilidade, porque poden ser sempre engadidos novas cabeceiras para satisfacer novas especificacións.

Enderezamento

[editar | editar a fonte]

O enderezamento no IPv6 é de 128 bits, e inclúe prefixo de rede e sufixo de host. Porén, non existen clases de enderezos, como acontece no IPv4. Así, a fronteira do prefixo e do sufixo pode ser en calquera posición do enderezo.

Os enderezos IPv6 son normalmente escritos como oito grupos de 4 díxitos hexadecimais. Por exemplo,

3ffe:6a88:85a3:08d3:1319:8a2e:0370:7344

Se un grupo de varios díxitos seguidos for 0000, pode ser omitido. Por exemplo,

3ffe:6a88:85a3:0000:0000:0000:0000:7344  

é o mesmo enderezo IPv6 que:

3ffe:6a88:85a3::7344

Existen no IPv6 tipos especiais de enderezos:

Estruturas de enderezos de transición

[editar | editar a fonte]
Comparativa entre IPv6 (enriba) e IPv4 abaixo.

Os enderezos IPv6 poden ser compatíbeis con IPv4 , podendo o primeiro conter enderezos IPv4.

Para tal, os 128 bits do IPv6 fican así divididos:

Enderezos IPv6 compatíbeis con IPv4: ::<enderezo IPv4>

Os enderezos IPv6 poden mapearse para IPv4 e concíbense para routers que soporten os dous protocolos, permitindo que nos IPv4 fagan un "túnel" a través dunha estrutura IPv6. Ao contrario dos anteriores, estes enderezos son automaticamente construídos polos routers que soportan ambos os protocolos.

Para tal, os 128 bits do IPv6 fican así divididos:

Enderezos IPv6 mapeados para IPv4: ::FFFF:<enderezo IPv4>

Outras estruturas de enderezos IPv6

[editar | editar a fonte]

Existen outras estruturas de enderezos IPv6:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "RIPE Network Coordination Centre". RIPE Network Coordination Centre (en inglés). Consultado o 2023-12-12. 
  2. Sep 2023, Created: 23 Aug 2019-Last updated: 18. "What is IPv4 Run Out?". RIPE Network Coordination Centre (en inglés). Consultado o 2023-12-12. 
  3. Jiang, Sheng; Carpenter, Brian E.; Guo, Dayong (2011-06). "An Incremental Carrier-Grade NAT (CGN) for IPv6 Transition" (en inglés).