Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde decembro de 2016.)

TELNET (Telecommunication Network) é un protocolo de rede usado en Internet ou en conexións de redes de área local LAN . O documento STD 8 do IETF (vexa RFC 854 e RFC 855) establece: "o propósito do protocolo TELNET é prover dunha comunicación binaria de propósito xeral, bidireccional, de 8 bits".

Telnet é tamén o nome do programa informático que utiliza o usuario do protocolo de rede Telnet.

Telnet serve para acceder mediante unha rede a outra máquina, para manexala como se estivésemos sentados diante dela. Para que a conexión funcione, como en todos os servizos de internet, a máquina á que se accede debe ter un programa especial que reciba e xestione as conexións. O porto que se utiliza xeralmente é o 23[1].

Só serve para acceder en modo terminal, é dicir, sen gráficos, mais foi unha ferramenta moi útil para depurar e arranxar erros a distancia, sen necesidade de estar fisicamente no mesmo sitio que a máquina que os tiña. Tamén se usaba para consultar datos a distancia, como datos persoais en máquinas accesíbeis por rede, información bibliográfica etc.

O seu maior problema é de seguridade, xa que todos os nomes de usuario e contrasinais necesarios para entrar nas máquinas viaxan pola rede como texto plano (cadeas de texto sen cifrar). Isto facilita que calquera que espíe o tráfico da rede poida obter os nomes de usuario e contrasinais, e así acceder el tamén a todas esas máquinas. Por esta razón deixou de usarse, case totalmente, hai uns anos, cando apareceu e se popularizou o SSH, que se pode describir como unha versión cifrada de telnet.

Hoxe en día este protocolo tamén se usa para acceder aos BBS, que inicialmente eran accesíbeis unicamente cun módem a través da liña telefónica. Para acceder a un BBS mediante telnet é necesario un cliente de que soporte gráficos ANSI e protocolos de transferencia de ficheiros. Os gráficos ANSI son moi usados entre os BBS. Cos protocolos de transferencia de ficheiros (o máis común e o que mellor funciona é o ZModem) poderás enviar e recibir ficheiros do BBS, xa sexan programas ou xogos ou xa sexa o correo do BBS (correo local, de FidoNet ou outras redes).

Algúns clientes de telnet (que soportan gráficos ANSI e protocolos de transferencias de ficheiros como Zmodem e outros) son mTelnet!, NetRunner, Putty, Zoc, ...

Manexo básico de telnet

[editar | editar a fonte]

Para iniciar unha sesión cun intérprete de comandos doutro computador, pode empregar o comando telnet seguido do nome da máquina na que desexa traballar, por exemplo se desexa conectarse á máquina purpura.micolegio.edu.co:

telnet purpura.micolegio.edu.co

Se só pos iso, conectarase polo porto predeterminado do programa, que é 23. Se queres que se conecte por outro porto debes poñer:

telnet purpura.micolegio.edu.co 77

Tamén podes primeiro abrir unha ventá de telnet poñendo:

telnet

E logo conectarte poñendo:

o purpura.micolegio.edu.co

Unha vez conectado poderá ingresar o nome de usuario e contrasinal remoto para iniciar unha sesión en xeito texto a xeito de consola virtual (ver Lectura Sistema de usuarios e manexo de clave). A información que transmita (incluíndo o seu clave) non será protexida ou encriptada e podería ser vista noutros computadores polos que se transite a información (a captura destes datos realízase con sniffers).

Unha alternativa máis segura para telnet, mais que require máis recursos do computador é ssh que encripta a información antes de transmitila, que autentica a máquina á cal conectase e que pode empregar mecanismos de autenticación de usuarios máis seguros.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2018. 

Fonte

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.