Rui Costa | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rui Pedro Silva Costa | ||
Nacemento | 20 de febreiro de 1996 (28 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vila Nova de Famalicão | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Farense | ||
Número | 19 | ||
Carreira xuvenil | |||
2005–2013 | FC Famalicão | ||
2013–2014 | Vitória de Guimarães | ||
2014–2015 | Varzim | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2015–2016 | Varzim B | 43 | (8) |
2016–2017 | Varzim | 41 | (14) |
2017–2018 | Portimonense SC | 1 | (0) |
2017–2018 | → Famalicão (cedido) | 17 | (10) |
2018–2020 | Porto B | 20 | (3) |
2019–2020 | → Alcorcón (cedido) | 22 | (3) |
2020–2021 | Deportivo da Coruña | 7 | (0) |
2021–2022 | Santa Clara | 49 | (9) |
2022– | Farense | 38 | (12) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 4 de novembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Rui Pedro Silva Costa, nado en Vila Nova de Famalicão, Portugal, o 20 de febreiro de 1996, coñecido futbolisticamente como Rui Costa, é un futbolista portugués que xoga de dianteiro no Farense da Primeira Liga.
Formouse nas categorías inferiores do FC Famalicão, do Vitória de Guimarães e do Varzim Sport Club. Debutou como profesional nas filas do Varzim Sport Club, na segunda división portuguesa, onde marcou 14 goles en 41 partidos.
O seu bo nivel chamou a atención do Portimonense, da máxima categoría, que o fichou e cedeu ao Famalicão, tamén de segunda. Alí seguiu cos bos rexistros (12 goles en 19 partidos) durante a primeira volta e o Portimonense decidiu repescalo no mercado de inverno da tempada 2017-18, cando deu o salto á Primeira Liga. Alí, con todo, apenas tivo oportunidades e só xogou 15 minutos nun partido contra o Moreirense.[1]
En 2018 fichou por tres tempadas co FC Porto, que o incorporou ao seu filial, en segunda. Cos "dragóns", con todo, non acadou o seu mellor nivel, xogando só 20 partidos nos que anotou tres goles durante a tempada 2018/19.
En xullo de 2019, o xogador chegou ao AD Alcorcón cedido polo Porto B para xogar na Segunda División durante a tempada 2019/20.[2] En setembro de 2020 desvinculouse do Alcorcón e asinou por dous anos co Deportivo da Coruña da Segunda División B. Con todo, chegou ao equipo fóra de forma física e o 1 de febreiro de 2021, tras xogar só 9 partidos e non marcar ningún gol, o seu contrato foi rescindido, fichando a continuación polo Santa Clara.[3]
Na súa primeira tempada nos Azores contribuíu con 16 partidos e 4 goles á sexta posición do Santa Clara, a mellor clasificación da historia do club, que lle permitiu clasificarse para a fase previa da Conference League. Na tempada 2021/22 disputou un total de 42 encontros e marcou 6 goles.
No inicio da tempada 2022/23 deixou Ponta Delgada e asinou como novo xogador do Farense, da Segunda Liga,[4] co que conseguiu o ascenso á máxima categoría, contribuíndo con 10 goles entre todas as competicións.[5]