Derik Osede | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Derik Osede Prieto | ||
Nacemento | 21 de febreiro de 1993 (31 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Nacionalidade | España | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Waterford | ||
Número | 14 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2002 | Santa Ana | ||
2002–2011 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2011–2013 | Real Madrid C | 51 | (1) |
2012–2015 | Real Madrid Castilla | 51 | (1) |
2015–2018 | Bolton Wanderers | 65 | (0) |
2018–2020 | Numancia | 36 | (2) |
2020–2021 | Deportivo | 8 | (0) |
2022 | Alcoyano | 0 | (0) |
2023 | Pontevedra | 14 | (0) |
2023– | Waterford | 8 | (0) |
Selección nacional | |||
2009 | España sub-16 | 3 | (0) |
2009 | España sub-17 | 4 | (1) |
2011 | España sub-18 | 2 | (0) |
2012 | España sub-19 | 9 | (1) |
2013 | España sub-20 | 8 | (2) |
2014 | España sub-21 | 1 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 10 de novembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Derik Osede Prieto, nado o 21 de febreiro de 1993 en Madrid, é un futbolista español. Xoga de defensa central no Waterford, da Primeira División de Irlanda.
Naceu en Madrid, de nai española e pai nixeriano.[1] Comezou no fútbol no DAV Santa Ana e no 2002 entrou na canteira do Real Madrid. Pasou polos distintos equipos das categorías inferiores e na tempada 2010/11 debutou co Real Madrid C, o segundo filial do club.[2] Na tempada seguinte participou no ascenso deste á Segunda División B.
En setembro de 2012 debutou co primeiro equipo do Real Madrid da man do técnico José Mourinho nun partido amigable contra o Millonarios correspondente ao Trofeo Santiago Bernabéu, que rematou con goleada madrileña por 8-0.[3] Un mes despois xogou o seu primeiro encontro co primeiro filial, o Real Madrid Castilla, nun partido da Segunda división contra o Córdoba. O 1 de febreiro de 2014, marcou o seu primeiro gol como profesional, na vitoria por 4–0 sobre o Hércules no Estadio Alfredo di Stéfano. A tempada rematou co descenso do equipo, con 18 partidos disputados polo futbolista madrileño.
O 6 de xullo de 2015, despois de dúas tempadas co Real Madrid Castilla, asinou un contrato de tres anos co Bolton Wanderers, da segunda división inglesa. Xogou a metade dos encontros na súa primeira campaña no club inglés, que acabou co descenso deste á League One. Continuou dúas tempadas máis en Bolton e marcou o seu primeiro gol co equipo en agosto de 2017, nun partido da EFL Cup contra o Crewe Alexandra.[4]
A finais de novembro de 2018 fichou polo Numancia, da Segunda división, onde asinou un contrato por dous anos.[5] Xogou 37 encontros nese período, marcando dous goles, e a súa segunda campaña no club acabou co descenso á Segunda División B.
O 5 de outubro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Deportivo da Coruña da Segunda División B.[6] No equipo galego non tivo continuidade, xogando só catro partidos como titular e nove en total, e tras lesionarse no tendón de Aquiles durante un partido contra o Pontevedra na xornada 16, non volveu vestir a camiseta do equipo.[7]
Tras varios meses de recuperación na Coruña, e de estar máis de medio ano sen equipo, en febreiro de 2022 asinou co Alcoyano, tamén de Primeira RFEF, a onde chegou para substituír o lesionado Carlos Blanco. Con todo, non chegou a debutar co club de Alcoi.[7]
Trala súa saída do Alcoyano, adestrouse durante meses co Pontevedra, que finalmente lle fixo unha ficha como xogador do equipo en xaneiro de 2023.[8] Disputou un total de 15 partidos ata o remate da tempada, 9 deles como titular, pero o equipo acabou descendendo a Segunda RFEF.
En setembro de 2023 fichou polo Waterford, da Primeira División de Irlanda.[9]
Foi internacional coas categorías inferiores na selección española, pasando por todas entre a sub-16 e a sub-21.
En 2012 disputou coa sub-19 o Campionato Europeo en Estonia, sendo defensa titular, marcando un gol e proclamándose finalmente campión tras derrotar a Grecia en Talín.[10]
Selección española