Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.)
Santa Trindade

A Santa Trindade é un concepto relixioso cristián que se refire á crenza de que Deus é un e tres ó mesmo tempo. Así, o Deus dos cristiáns é Pai (Deus mesmo), Fillo (Xesucristo) e Espírito Santo (representado como unha pomba, ou como linguas de lume e incorpóreo e que lles dá poderes ós apóstolos en Feitos dos Apóstolos como curación, poliglotismo...).

Descrición

As misións da Santa Trindade no tempo ou as súas atribucións son:

Como o entendemento do ser humano non entende a esencia divina, non pode penetrar no misterio da vida íntima de Deus, senón que só pode coñecer o que Este lle revela e asumilo coa fe esperada. Como Agustín dicía: se o entendes, non é Deus. Deste xeito, en tódalas relixións cristiás a Santa Trindade é dogma de fe e, polo tanto, indiscutible.

Véxase tamén

Outros artigos