Saxifragales | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corylopsis pauciflora | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
A partir do sistema APG III:
|
Saxifragales é unha orde de plantas de flores. Os seus parentes máis achegados son un gran grupo de eudicotiledóneas: as rósidas (rosidae) pola definición de dada no sistema de clasificación de II de APG. Algúns autores definen as rósidas coma un grupo maior que incluiría as Saxifragales como o seu maior grupo basal.[1] Saxifragales é un dos oito grupos que compoñen o núcleo das eudicotiledóneas. Os outros son Gunnerales, Dilleniaceae, rosidae, Santalales, Berberidopsidales, Caryophyllales, e astéridas.[2]
Saxifragales ter un rexistro fósil extenso.[3][4][5][6][7][8] Os membros existentes hoxe en día son aparentemente restos dunha orde outrora diversa e moi común e espallada.[9]
A orde Saxifragales, coma a entendemos hoxe en día, baséase nos resultados de estudos filoxenéticos molecurares de secuencias de ADN. Non se basea, logo, en ningún dos sistemas de clasificación baseados na morfoloxía vexetal. O grupo precisaría dun estudo de comparativa anatómica, especialmente pola recente expansión da familia Peridiscaceae para incluír Medusandra, un xéneroque antes de 2009 normalmente non se incluía en Saxifragales.[10]
A orde divídese en grupos suprafamiliares como se amosa na árbore filoxenética a seguir. Estes grupos son informais e non se entende que teñan ningún rango taxonómico particular.
Saxifragales contén unhas 2.470 especies.[11] Estas distribúense en 15 familias, ou en 12 familias se Haloragaceae sensu lato é recoñecido coma unha familia consistindo de Haloragaceae sensu stricto, Penthorum, Tetracarpaea, e Aphanopetalum.[9][11] Un 95% das especies inclúense en cinco familias: Crassulaceae (1400), Saxifragaceae (500), Grossulariaceae (150 - 200), Haloragaceae (150), e Hamamelidaceae (100). A maioría das familias son monoxenéricas. O número de xéneros en cada familia é:
Algúns autores non recoñecen Choristylis como separado do xénero Itea.[9] De xeito semellante, algúns autores inclúen Liquidambar e Semiliquidambar en Altingia.[13] Por isto Altingiaceae e Iteaceae é monoxenérico nalgunhas clasificacións.
Dentro de Saxifragales existe un grupo suprafamiliar coñecido coma a alianza Saxifragaceae. Comporta catro familias: Pterostemonaceae, Iteaceae, Grossulariaceae, e Saxifragaceae.[11] Pensouse durante moito tempo que estes estaban relacionados uns cos outros, mais a circunscrición de Saxifragaceae mudou dramaticamente. Agora é unha familia moito máis pequena do que foran.[14] Crassulaceae e Tetracarpaeaceae relacionáranse durante moito tempo con Saxifragaceae.[15][16] Penthorum foi normalmente asociada con Crassulaceae, mais ás veces con Saxifragaceae.[17]
Dous membros do núcleo de Saxifragales colocábase ás veces preto de Saxifragaceae, mais normalmente noutro lugar. Aphanopetalum era a miúdo colocado en Cunoniaceae, unha familia en Oxalidales, aínda que había razóns boas para incluílo en Saxifragales.[18] Aphanopetalum agora exclúese de Cunoniaceae.[19] Haloragaceae pensábase que era unha familiar en Myrtales, mais xa non se inclúe nesta orde.
Cercidiphyllaceae foi asociada durante un bo tempo con Hamamelidaceae e Trochodendraceae e a miúdo pensábase que era máis próxima á última.[20] Cercidiphyllaceae sábese agora que é un membro do clado leñoso de Saxifragales, xunto con Hamamelidaceae, Altingiaceae, e Daphniphyllaceae, mais Trochodendraceae é da orde basal eudicotiledónea:Trochodendrales.[21] Altingiaceae normalmente non se sepaba de Hamamelidaceae até que os estudos filoxenéticos mostraron que a súa inclusión podería facer que Hamamelidaceae fose parafilética. O recoñecemento de Altingiaceae coma familia separada recibiu un forte apoio estatístico en 2008.[11]
Sempre se pensara que Daphniphyllum tiña unha combinación anómala de caracteres e foi colocada en diferentes ordes antes da análise molecular filoxenética que amosou que pertencía a Saxifragales.[9][22][23]
Paeoniaceae posúe moitas características únicas e a súa posición taxonómica foi durante un longo polémica.[24] A idea durante moito tempo era que Paeonia pertencía a Ranunculales, preto de Glaucidium.[25][26] Demostrouse inequivocamente que Paeoniaceae pertencía a Saxifragales, mentres que Glaucidium se encadraba na familia Ranunculaceae.[11][27]
A familia Peridiscaceae experimentou uns movementos radicais dende 2003 a 2009. Orixinalmente, consistía en dous xénero estreitamente relacionados: Peridiscus' eWhittonia. O sistema APG II colocou a familia en Malpighiales, baseándose nunha secuencia de ADN para o xene rbcL de Whittonia. Esta secuencia resultou non ser de Whittonia, senón doutras plantas cuxo ADN contaminara a mostra.[28] Despois de que Peridiscaceae fose finalmente colocada en Saxifragales, expandiuse para incluír Soyauxia en 2007, e expandiuse outra vez para incluír Medusandra en 2009.[10][29]
O filoxenia amosada abaixo baséase na publicada por Shuguang Jian e coautores en 2008.[11] Todas as pólas teñen 100% máxima versimilitude en apoio bootstrap (mostraxe estatística) agás onde se sinala a porcentaxe bootstrap. As familias monoxenéricas represéntanse cons nomes dos xéneros.
Saxifragales |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||