Sergio Aragoneses | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Sergio Aragoneses Almeida | ||
Nacemento | 1 de febreiro de 1977 (47 anos) | ||
Lugar de nacemento | O Porriño | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1994–1996 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1996–1998 | Celta B | 17 | (0) |
1998–1999 | Sporting Guardés | ||
1999–2000 | Pontevedra | 37 | (0) |
2000–2003 | Tenerife | 77 | (0) |
2004–2005 | Atlético de Madrid | 14 | (0) |
2005 | → Getafe (cedido) | 21 | (0) |
2005–2006 | Elche | 16 | (0) |
2006–2008 | Hércules | 23 | (0) |
2008 | Numancia | 0 | (0) |
2008–2014 | Tenerife | 185 | (0) |
2014 | Cádiz | 13 | (0) |
2014–2015 | Marino | 22 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Sergio Aragoneses Almeida, nado no Porriño o 1 de febreiro de 1977, é un ex-futbolista galego. Xogaba de porteiro.
Comezou xogando na canteira do Real Club Celta, chegando ao filial, o Celta B, onde estivo entre 1994 e 1998. Tras unha tempada no Sporting Guardés, xogou a campaña 1999-00 no Pontevedra CF da segunda B.
Entre o 2000 e o 2003 xogou no CD Tenerife, debutando en primeira división en 2002 contra o Deportivo Alavés. No ano 2003 fichou polo Getafe CF, e a campaña 2004-05 xogou co Atlético de Madrid, regresando ao Getafe durante uns meses no 2005.
En agosto de 2005, ao pouco de fichar polo Elche CF, foille diagnosticado unha alteración anatómica testicular que o mantivo afastado dos campos durante un tempo[1]. Finalmente superou a doenza terminou a temporada.
No 2006 fichou polo Hércules CF. En xaneiro de 2007, nunha revisión rutineira, foille diagnosticado de novo un tumor testicular[2]. Logo de someterse a sesións de quimioterapia en Elx, que o afastaron 2 meses da competición[3], se ben rematou a campaña como titular.
Na tempada 2007-08 foi suplente de Unai Alba, e foi apartado do equipo polo adestrador Andoni Goikoetxea logo dunhas declaracións en alusión a el, interpretadas como acto de indisciplina. O 31 de xaneiro de 2008 rescindiu o seu contrato[4], fichando máis tarde polo CD Numancia logo da lesión de Jacobo Sanz[5]. Se ben non disputou partido algún, acadou o campionato de segunda división. En xullo de 2008, logo de 5 anos, regresou ao CD Tenerife.