Witold Pilecki,[a] nado en Olonets (Karelia, Rusia) o 13 de maio de 1901 e finado en Varsovia o 25 de maio de 1948, foi un militar, axente de intelixencia e líder do movemento de resistencia polaco. Serviu como oficial de cabalería no exército polaco durante a guerra polaco-soviética e a segunda guerra mundial. Foi o autor do coñecido como Informe de Witold, o primeiro informe de intelixencia exhaustivo sobre o sucedido no campo de concentración de Auschwitz.[1]
Rittmeister da cabalaría polaca durante a Segunda República Polaca, fundador do Exército Secreto Polaco (Tajna Armia Polska), un grupo de resistencia na Polonia ocupada pola Alemaña nazi en novembro de 1939, e membro do exército Armia Krajowa formado en febreiro de 1942. Foi o autor do Informe Witold, o primeiro informe de intelixencia sobre o campo de concentración de Auschwitz.
Durante a segunda guerra mundial, foi voluntario para unha operación da resistencia polaca na que sería encarcerado no campo de concentración de Auschwitz para recadar información e escapar posteriormente. Estando no campo Pilecki organizou un movemento de resistencia en 1941 e proporcionou información aos Aliados sobre os crimes de guerra que acontecían en Auschwitz. Escapou do campo de concentración en 1943 tras permanecer prisioneiro durante dous anos e medio. Pilecki tomou parte no Alzamento de Varsovia en agosto de 1944.[2] Permaneceu leal ao goberno polaco no exilio en Londres, e foi executado en 1948 pola policía secreta Urząd Bezpieczeństwa baixo cargos de traballar para o "imperialismo estranxeiro", considerado un eufemismo do MI6.[3] Ata 1989, a información sobre a súa contribución e execución estaba censurada pola República Popular de Polonia.[3][4]
Coma resultado das súas accións durante a guerra, é considerado por moitos coma "un dos maiores heroes da guerra".[2][5][6]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Witold Pilecki ![]() |