Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1938 (85 anos) Bembrive, Vigo |
Morte | 6 de abril de 2019 ![]() Vigo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1960–) Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Arquitecto |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Premios
| |
![]() |
Xaime Garrido Rodríguez, nado en Bembrive, Vigo, o 7 de xullo de 1938, e finado na mesma cidade o 6 de abril de 2019[1], foi un arquitecto e escritor galego.
Estudou na Escola Central de Belas Artes de San Fernando[2] e na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, obtendo o título en 1966, especializándose en Restauración de Monumentos.
Investigou a arquitectura histórica de Vigo e a arquitectura militar fronteiriza hispano-portuguesa[3].
Foi arquitecto municipal de Baiona dende 1968 ata 1973, onde cooperou con Alberto Baltar Tojo, Xosé Bar Boo e Jaime Riera na redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbana e levou a cabo a restauración da zona antiga.[3]
En Vigo promoveu a declaración como Ben de Interese Cultural do edificio da estación vella de ferrocarril e do antigo Pazo de Xustiza (hoxe MARCO)[3].
Foi membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses e do Instituto de Estudios Tudenses[3].
Finou no Hospital Povisa.