Infotaula de personaZaza Ceballos
Nome orixinalMaría Ignacia Ceballos González-Llanos
Biografía
NacementoAbeancos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutora , directora de cinema , produtora de televisión , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua galega e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

María Ignacia Ceballos González-Llanos, máis coñecida como Zaza Ceballos, nada en Abeancos, Melide[1], é unha escritora, produtora e directora cinematográfica galega.[2]

Traxectoria

Zara Ceballos é unha de das pioneiras do sector audiovisual galego.

Estudou Inglés e Literatura nos Estados Unidos de América, e Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1985 comezou a traballar na Televisión de Galicia no Departamento de Información e na Oficina de Desenvolvemento das relacións exteriores da Corporación de Radio e Televisión de Galicia, pasando en 1987 a ocupar diversos postos de responsabilidade. Tamén foi membro da comisión de expertos para a concesión das axudas da Consellería de Cultura e responsábel de coproducións nacionais e internacionais. No ano 1998 fundou Zenit Televisión, empresa da que actualmente é a directora, e foi a produtora executiva de varios filmes, documentais e series de televisión destacando entre estes traballos os dedicados a Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e Rosalía de Castro.[3] Ademais destes labores, é profesora na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (campus de Ourense).[2]

Obra

Zaza Ceballos participou nas seguintes obras:[4]

Premios

Notas

  1. "Zaza Ceballos". LinkedIn. s/d. Consultado o 4 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Biografía en adictos al cine.com.
  3. Méndez, Paula (16 de xullo de 2021). "Zaza Ceballos y las asociaciones Alar y Mirabal, premios Emilia Pardo Bazán 2021". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de novembro de 2021. 
  4. Zaza Ceballos. Producer, Writer, Director na Internet Movie Database.
  5. "La Xunta entrega las medallas Pardo Bazán en un acto en el que premiados instan a luchar contra la violencia machista". Europa Press Galicia. 16 de setembro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2021. .
  6. Pan, José Manuel (16 de setembro de 2021). "El pazo de Meirás acoge la entrega de las medallas Pardo Bazán que organiza la Xunta". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de novembro de 2021. 
  7. "Os Premios da Cultura Galega 2021 recaen en Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, 'Dígocho eu', o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina". Xunta de Galicia. 2 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2021. Consultado o 4 de novembro o de 2021.  Arquivado 04 de novembro de 2021 en Wayback Machine.
  8. "Bernardino Graña, Natalia Lamas e Zaza Ceballos, premios da Cultura Galega". Nós Diario. 2 de novembro de 2021. Consultado o 4 de novembro o de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas