Furco | |
---|---|
Furco. Vistas | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°34′22″N 7°54′00″O / 42.57280432, -7.90012313Coordenadas: 42°34′22″N 7°54′00″O / 42.57280432, -7.90012313 |
Poboación | 88 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Gregorio de Furco é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (78 mulleres e 72 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 104 habitantes, sendo 52 homes e 52 mulleres. En 2016 tiña 99 habitantes con 51 mulleres e 48 homes, segundo o INE e en 2020 88, 45 mulleres e 43 homes.
O topónimo pode aludir a unha bifuración de camiños, a un buraco na terra ou a algo en forma de Y[2].
A igrexa, situada no lugar de Furco, data do século XVIII. A Reitoral –priorado de San Gregorio de Furco é do século XVIII con muros de granito. Destaca o escudo de Oseira no lintel da porta principa porque foi priorado de Oseira.[3]
Agros coma os de Furco e nabeiras coma as de Vales non as teñen nin os frades![4]
Lugares da parroquia de Furco no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Abelairas | Furco | A Matanza | Penaboa | Penas Albas | O Porto | O Rañadoiro | Val do Arado |