Temes | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Temes. | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°27′49″N 7°45′16″O / 42.46366799, -7.75447223Coordenadas: 42°27′49″N 7°45′16″O / 42.46366799, -7.75447223 |
Poboación | 25 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Temes é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 61 habitantes (33 homes e 28 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 70 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 38 habitantes, sendo 19 homes e 19 mulleres. En 2016 tiña 32 habitantes, 18 mulleres e 14 homes, segundo o INE.
O topónimo ten a base no medieval Temanes, que semella un antropónimo prelatino[2].
O Complexo de Temes, estudado polo padre Jaime Delgado[3], é o máis importante tesouro arqueolóxico do concello e da contorna.
Neste complexo histórico-arqueolóxico podemos diferenciar tres etapas.
1- Etapa prerromana e romana. Son vestixios prerromanos unha chea de castros que se atopan no contorno e tamén o mesmo nome de Temes. Entre os romanos sobresae a ara dedicada ós deuses “Lares Viales”.
2- Etapa paleocristiá:
3- Etapa cristiá-visigoda. Sobresae unha pedra coa seguinte inscrición: SAGRATIO TEMPLI KL / DCBS IN ERA DCCC / (X) L (A) (I) II. Traduciuse como: A consagración do templo foi dous días antes das kalendas de decembro (30 de novembro), na era 843 (ano 805). Consérvanse outras pezas da igrexa visigótica.
4- Etapa renacentista: o sagrario do altar maior con Cristo saíndo do sepulcro entre os apóstolos Pedro e Pablo[4].
Unha das pezas do Complexo de Temes formou parte en 1991 da Exposición Galicia no tempo.
Lugares da parroquia de Temes no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Alvite | Antes | A Cuqueira | A Enfonxa | A Laxa | Pasarín | San Lourenzo | Temes | O Vao |