Oleiros | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Oleiros. | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°28′30″N 7°44′14″O / 42.47496106, -7.73716801Coordenadas: 42°28′30″N 7°44′14″O / 42.47496106, -7.73716801 |
Poboación | 104 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. No 2018, segundo o INE, tiña 114 habitantes, 56 mulleres e 58 homes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 128 habitantes, sendo 65 homes e 63 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (80 mulleres e 70 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes. En 2020 eran 104, 52 mulleres e 52 homes.
O topónimo fai referencia a que debeu haber "oleiros", "fabricantes de olas", latín ollas [2]. O Padre Sarmiento apuntaba a enterramentos antigos.
A igrexa parroquial de San Miguel de Oleiros pertence á segunda metade do século XII, é de estilo románico. No 1205, Afonso IX, fai doazón desta igrexa cos seus cotos.
A Capela da Granxa de Oleiros é do século XIX. O bispo de Lugo D. Murúa o 4 de abril de 1902 funda a Capelanía do Sagrado Corazón na Granxa.[3].
O Padre Nicanor Rielo Carballo estudou a fondo esta parroquia[4] que era maioritariamente ribeira, nome que se lle dá ás viñas de muras ou socalcos na Ribeira Sacra.
Se che peguntan de quen es,responde con arrogancia:
son de San Miguel de Oleiros,
a terriña da vagancia[6]
Lugares da parroquia de Oleiros no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Ambasmestas | Bacelares | Carcacía | Cas de Moure | A Costa | O Fontao | As Gándaras | A Granxa | Lama | A Laxiña | Oleiros | A Pena | Porrás de Abaixo | Porrás de Arriba | A Ribeiriña | San Miguel | Sergudiño | Soutelo | A Touza | A Uz | Xibiriz |