Aeroporto de Toronto-Pearson Toronto Pearson International Airport
Aéroport international Pearson de Toronto | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Transport Canada | ||
Operador | Greater Toronto Airports Authority | ||
Cidade/Illa | Toronto | ||
Elevación (msnm) | 173 metros / 569 pés | ||
Coordenadas | Coordenadas: 43°40′36″N 79°37′50″O / 43.6767, -79.6306 | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
05/23 | 3 389 | 11 120 | asfalto/formigón |
06L/24R | 2 956 | 9 697 | asfalto |
06R/24L | 2 743 | 9 000 | asfalto |
15L/33R | 3 368 | 11 050 | asfalto |
15R/33L | 2 770 | 9 088 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 44 335 198 |
O aeroporto internacional de Toronto Pearson (IATA: YYZ, ICAO: CYYZ), chamado oficialmente aeroporto internacional Lester B. Pearson, é un aeroporto que serve á cidade canadense de Toronto, en Ontario, ademais de servir tamén á súa área metropolitana e á Golden Horseshoe, unha aglomeración urbana de 9,2 millóns de persoas.[1] O aeroporto atópase a 22,5 km ao noroeste do centro de Toronto, estando case todas as súas instalacións na cidade adxacente de Mississauga, estendéndose unha pequena parte cara Etobicoke, o distrito máis occidental de Toronto.[2] O aeroporto foi bautizado na honra do nativo de Toronto Lester Bowles Pearson, Premio Nobel da Paz e 14º Primeiro Ministro do Canadá.
O aeroporto de Pearson é o máis grande e concorrido do Canadá. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións 44 335 198 pasaxeiros en 456 536 operacións,[3] facéndoo o 32º aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros, o 22º en pasaxeiros internacionais e o 15º en número de operacións. Pearson é tamén o segundo aeroporto con máis pasaxeiros internacionais de toda Norteamérica, despois do Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York.[4]
Pearson é o principal centro de conexións para Air Canada.[5][6] Tamén é un centro de conexións para a aeroliña de pasaxeiros WestJet e a de carga FedEx Express, e serve como base operativa para Air Transat e Sunwing Airlines. O aeroporto Pearson está operado pola Greater Toronto Airports Authority (GTAA) que forma parte do Sistema Nacional de Transportes do Canadá.
Varias aeroliñas operan unha extensa rede de voos domésticos sen escalas dende Pearson cara todas as principais cidades de todas as provincias do Canadá.[7] No ano 2017 operaban en Pearson máis de 75 aeroliñas, cuns 1 100 saídas diarias a máis de 180 destinos de todos os continentes.
Aeroliñas | Destinos | Refs |
---|---|---|
Aer Lingus | Dublín | [8] |
Aeroméxico | Cidade de México | [9] |
Air Canada | Ámsterdam, Antigua, Aruba, Pequín-Capital, Bermuda, Boston, Buenos Aires-Ezeiza, Calgary, Chicago-O'Hare, Copenhague, Delhi, Denver, Dubai-Internacional, Dublín,[10] Edmonton, Fort McMurray, Frankfurt, Xenebra, Gran Caimán, Halifax, Hong Kong, Londres-Heathrow, Os Ánxeles, Madrid, Montreal-Trudeau, Bombai, Múnic, Nova York-LaGuardia, Newark, Otava, París-Charles de Gaulle, Providenciales, Regina, Roma-Fiumicino, San Xoán de Terra Nova (NL), San Francisco, Santiago de Chile, São Paulo-Guarulhos, Saskatoon, Seattle/Tacoma, Seul-Incheon, Shanghai-Pudong, Sydney (AU), Tel Aviv-Ben Gurion, Toquio-Haneda, Vancouver, Winnipeg, Zürich Estacional: Cozumel, Eagle/Vail, George Town/Exuma, Houston-Intercontinental, Huatulco, Ixtapa–Zihuatanejo, Milán-Malpensa, Portland (OR), Reiquiavik-Keflavík (comeza en maio de 2018), Salt Lake City, San Xoán, Shannon (comeza en xuño de 2018),[11] Toquio-Narita, West Palm Beach |
[12] |
Air Canada Express | Atlanta, Austin, Baltimore, Boston, Charlotte, Chicago-O'Hare, Cincinnati, Cleveland, Columbus-Glenn, Dallas/Fort Worth, Detroit, Fredericton, Harrisburg, Hartford, Houston-Intercontinental, Indianapolis, Jacksonville (FL), Kansas City, Kingston (ON), London (ON), Memphis, Milwaukee, Minneapolis/St. Paul, Moncton, Montreal-Trudeau, Nashville, Nova Orleáns, Nova York-LaGuardia, Newark, North Bay, Otava, Filadelfia, Pittsburgh, Quebec, Raleigh/Durham, Rochester (NY), Saint John (NB), St. Louis, San Antonio, Sarnia, Sault Ste. Marie (ON), Sudbury, Sydney (NS), Syracuse, Thunder Bay, Timmins, Washington-Dulles, Washington-Nacional, Windsor Estacional: Charlottetown, Gander, Mont Tremblant, Savannah |
[12] |
Air Canada Rouge | Barbados, Barcelona, Bogotá, Cancún, Cayo Coco, Curaçao, Deer Lake, Fort Lauderdale, Fort Myers, Granada, A Habana, Holguín, Kelowna, Kingston-Norman Manley, Las Vegas, Liberia, Lima, Cidade de México, Miami, Montego Bay, Nassau, Orlando, Cidade de Panamá, Phoenix-Sky Harbor, Porto España, Puerto Plata, Punta Cana, Santa Lucía, Samaná, San Diego, San Xosé de Costa Rica, Santa Clara, Sarasota, Tampa, Varadero, Victoria Estacional: Abbotsford, Atenas, Cidade de Belize (comeza en decembro de 2017),[13] Berlín-Tegel, Bucarest (comeza en xuño de 2018),[14] Budapest, Cartaxena de Indias (comeza en decembro de 2017),[15] Charlottetown, Edimburgo, Glasgow, Honolulu, Lisboa, Londres-Gatwick, Manchester (UK), Palm Springs, Porto (comeza en xuño de 2018),[14] Praga, Puerto Vallarta, St. Maarten, San José del Cabo, St. Kitts, San Vicente-Argyle (comeza en decembro de 2017),[13] Venecia-Marco Polo, Varsovia-Chopin, Zagreb (comeza en xuño de 2018)[14] |
[12] |
Air France | París-Charles de Gaulle | [16] |
Air Transat | Cancún, Cayo Coco, Fort Lauderdale, Glasgow, Holguín, Lisboa, Londres-Gatwick, Manchester (UK), Montego Bay, Montreal-Trudeau, Orlando, Porto, Puerto Plata, Punta Cana, Samaná, Santa Clara, Varadero Estacional: Ámsterdam, Atenas, Barcelona, Birmingham (UK), Calgary, Camagüey, Cartaxena de Indias, Cayo Largo, Dublín, Faro, Fort-de-France (comeza en decembro de 2017),[17] A Habana, Huatulco, Lamezia Terme, La Romana, Liberia, París-Charles de Gaulle, Puerto Vallarta, Roma-Fiumicino, Santa Lucía, Santo Domingo-Las Américas, St. Maarten, San Xosé de Costa Rica, San José del Cabo, San Xoán (comeza en decembro de 2017),[17] Tampa (comeza en febreiro de 2018),[17] Vancouver, Venecia-Marco Polo, Zagreb |
[18] |
Alitalia | Estacional: Roma-Fiumicino | [19] |
American Airlines | Dallas/Fort Worth, Os Ánxeles, Miami | [20] |
American Eagle | Charlotte, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Nova York-JFK, Nova York-LaGuardia, Filadelfia, Washington-Nacional | [20] |
Austrian Airlines | Viena | [21] |
Avianca Costa Rica | San Salvador | [22] |
Azores Airlines | Lisboa, Ponta Delgada, Porto Estacional: Terceira |
[23] |
British Airways | Londres-Heathrow Estacional: Londres-Gatwick (comeza en maio de 2018)[24] |
[25] |
Brussels Airlines | Bruxelas | [26] |
Caribbean Airlines | Kingston-Norman Manley, Porto España | [27][28] |
Cathay Pacific | Hong Kong | [29] |
China Eastern Airlines | Shanghai-Pudong | [30] |
China Southern Airlines | Cantón | [31] |
Condor | Estacional: Frankfurt | [32] |
Copa Airlines | Cidade de Panamá | [33] |
Cubana de Aviación | Camagüey, Cayo Coco, Cayo Largo del Sur, Cienfuegos, A Habana, Holguín, Santa Clara, Santiago de Cuba, Varadero | [34] |
Delta Air Lines | Atlanta, Salt Lake City Estacional: Detroit, Minneapolis/St. Paul |
[35] |
Delta Connection | Atlanta, Cincinnati, Detroit, Minneapolis/St. Paul, Nova York-JFK | [35] |
EgyptAir | O Cairo | [36] |
El Al | Tel Aviv-Ben Gurion | [37] |
Emirates | Dubai-Internacional | [38] |
Ethiopian Airlines | Adís Abeba | [39] |
Etihad Airways | Abu Zabi | [40] |
EVA Air | Taipei-Taoyuan | [41] |
Flair Airlines | Edmonton, Kelowna, Vancouver (comezan en decembro de 2017)[42] | |
Fly Jamaica Airways | Georgetown-Cheddi Jagan, Kingston-Norman Manley | [43] |
Hainan Airlines | Pequín-Capital | [44] |
Icelandair | Reiquiavik-Keflavík | [45] |
Interjet | Cancún, Cidade de México | [46][47] |
KLM | Ámsterdam | [48] |
Korean Air | Seul-Incheon | [49] |
LOT Polish Airlines | Varsovia-Chopin | [50] |
Lufthansa | Frankfurt Estacional: Múnic |
[51] |
Pakistan International Airlines | Islamabad, Karachi, Lahore | [52] |
Philippine Airlines | Manila | [53] |
Saudia | Jeddah, Riad | [54] |
Sunwing Airlines | Aruba, Cancún, Cayo Coco, Fort Lauderdale, Freeport, Holguín, Mazatlán, Montego Bay, Orlando, Puerto Plata, Puerto Vallarta, Punta Cana, Santa Lucía, San José del Cabo, Santa Clara, St. Maarten (reanúdase en abril de 2018),[55] Varadero Estacional: Bonaire (comeza en decembro de 2017),[56][57] Camagüey, Cozumel, Curaçao, Gander, Huatulco, Ixtapa–Zihuatanejo, Liberia, Manzanillo (Cuba), Nassau, San Xoán de Terra Nova, San Petersburgo-Clearwater, Stephenville, Vancouver |
[58] |
TAP Portugal | Lisboa | [59] |
Turkish Airlines | Istanbul-Atatürk | [60] |
United Airlines | Chicago-O'Hare | [61] |
United Express | Chicago-O'Hare, Denver, Houston-Intercontinental, Newark, Washington-Dulles | [61] |
WestJet | Antigua, Aruba, Barbados, Bermuda, Calgary, Cancún, Cayo Coco, Charlottetown, Deer Lake, Edmonton, Fort Lauderdale, Fort McMurray, Fort Myers, Gran Caimán, Halifax, Kelowna, Kingston-Norman Manley, Las Vegas, Liberia, Londres-Gatwick, Os Ánxeles, Moncton, Montego Bay, Montreal-Trudeau, Nassau, Nova York-LaGuardia, Orlando, Otava, Porto España, Providenciales, Puerto Plata, Puerto Vallarta, Punta Cana, Regina, Santa Lucía, San Xosé de Costa Rica, Santa Clara, San Xoán de Terra Nova (NL), St. Maarten, Samaná, Saskatoon, Tampa, Vancouver, Varadero, Winnipeg Estacional: Cidade de Belize, Cozumel, Curaçao, Dublín, Glasgow, Holguín, Huatulco, Mérida, Miami, Palm Springs, Phoenix-Sky Harbor, San José del Cabo, San Xoán, Sydney (NS), Victoria |
[62] |
WestJet Encore | Boston, Fredericton, London (ON), Moncton, Montreal-Trudeau, Nashville, Otava, Quebec, Sudbury, Thunder Bay Estacional: Myrtle Beach |
[62] |
WOW air | Reiquiavik-Keflavík | [63] |
Aeroliñas | Destinos | Centro de carga |
---|---|---|
Cathay Pacific Cargo | Anchorage, Hong Kong, Nova York-JFK | VISTA |
Cubana Cargo operado por Cargojet |
A Habana | VISTA |
FedEx Express | Indianapolis, Memphis, Minneapolis/St. Paul | FedEx |
FedEx Express operado por Morningstar Air Express |
Calgary, Edmonton, Montreal-Mirabel, North Bay, Sault Ste. Marie (ON), Sudbury, Timmins, Vancouver, Winnipeg | FedEx |
Korean Air Cargo | Anchorage, Nova York-JFK, Seul-Incheon | Cargo West |
Lufthansa Cargo | Frankfurt | Cargo West |
UPS Airlines | Louisville | VISTA |