Amos Oz
Nome completoAmos Klausner
Nacemento4 de maio de 1939
 Xerusalén
Falecemento28 de decembro de 2018
 Tel Aviv, Xerusalén e Petah Tikva
Causacancro
SoterradoKibbutz Hulda Cemetery
NacionalidadeIsrael
Relixiónxudaísmo
Alma máterUniversidade Hebrea de Xerusalén e Gymnasia Rehavia
Ocupaciónlingüista, xornalista, novelista, tradutor, ensaísta, pedagogo, profesor universitario, escritor de literatura infantil, poeta e escritor
PaiYehuda Arieh Klausner
FillosFania Oz-Salzberger, Galia Oz e Daniel Oz
PremiosPrize of the International Book Fair in Torino, Premio Bialik, Prêmio Israel, Siegfried Lenz Prize, Premio Franz Kafka, Stefan Heym international award, Premio Príncipe de Asturias das Letras, Premio Goethe, Premio Femina étranger, Prêmio da Paz do Comércio Livreiro Alemão, Prêmio Internacional Catalunha, Bernstein Prize, Ze'ev Prize, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Cabaleiro da Lexión de Honra, Oficial das Artes e das Letras, doutor honoris causa pola Universidade Hebrea de Xerusalén, Siegfried Unseld Preis, Prêmio Dan David, Mount Zion Award, Abraham Geiger Prize, honorary doctor of Tel Aviv University, honorary doctorate of the Weizmann Institute of Science, Brenner Prize, Newman Prize, Heinrich Heine Prize e honorary doctor of the University of Antwerp
Na rede
IMDB: nm0654672 Allocine: 184320 Allmovie: p197325 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Amos Oz (hebreo, עָמוֹס עוֹז) nado en Xerusalén o 4 de maio de 1939[1] e finado en Tel Aviv o 28 de decembro de 2018),[2][3] foi un escritor, novelista e xornalista israelí

Traxectoria

Rexistrado ao nacer co nome Amos Klausner, é considerado como un dos máis importantes escritores contemporáneos en hebreo.[4] Nado no barrio xerosolimitano de Karem Avraham foi fillo único de Fania e Yehuda A. Klausner, que emigraran anos antes dende a actual Ucraína e Lituania, respectivamente, fuxindo da crecente hostilidade antisemita. O seu pai e o resto da súa familia paterna simpatizaban politicamente coa dereita sionista revisionista. Amos Oz estudou nunha escola relixiosa malia a que seus pais non eran xudeus practicantes. Con 12 anos sofre a perda da súa nai, que padecía depresións e acabou suicidándose. Dous anos máis tarde ingresou por vontade propia no kibbutz de Hulda, sendo nesta altura cando adoptou o seu novo apelido: Oz (en hebreo: coraxe).

Casou en 1960 con Nily Zuckerman e foi pai de tres fillos. Ademais estudou literatura na Universidade Hebrea de Xerusalén e exerceu como profesor na escola do seu kibbutz. Reservista logo de facer o servizo militar, foi chamado a filas polas Forzas de Defensa de Israel nas guerras dos Seis Días (1967) e na do Yom Kippur (1973).

A mediados da década de 1980 a familia Oz deixou o kibbutz e instalouse en Arad, no deserto do Negev. Foi profesor de literatura na Universidade Ben-Gurión de Beer Sheba, no Néguev e membro da Academia Europea de Ciencias e Artes. En 2014, instalouse en Tel-Aviv e, en 2018, faleceu sendo soterrado en Hulda.[5]

Carreira literaria

Os seus escritos exploran os conflitos e as angustias da sociedade israelí contemporánea e, máis concretamente, as tensións e presións que soportan as persoas pola ideoloxía, as fronteiras xeográficas e o pasado histórico brutal.[6]

De acordo coas súas propias lembranzas, a lectura de Sherwood Anderson animouno a escribir durante a súa adolescencia. En Una historia de amor y oscuridad afirma que o autor americano "liberou a miña man". De feito, a súa primeira obra, Tierra de chacales (1965), é unha compilación de relatos curtos inspirados na vida cotiá do kibbutz.

Pola súa traxectoria literaria obtivo o Premio Israel de Literatura (1988), o Premio Goethe de Literatura (2005) polo seu libro autobiográfico Una historia de amor y oscuridad e foi candidato varios anos consecutivos ao Premio Nobel de Literatura. Foi un dos fundadores do movemento pacifista israelí Shalom Ajshav (Paz Agora).[7] As súas reflexións sobre o conflito en Oriente Medio motivaron varias conferencias e os libros Contra el fanatismo e Queridos fanáticos. Neles insiste na vía dos dous Estados como base para a resolución do conflito e creación dunha unión económica entre ambos aberta aos países veciños. Tamén criticou con dureza as intervencións militares de Israel en Líbano en 2006 e as políticas do Primeiro Ministro Benjamin Netanyahu.[8][9] En 2007 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras[10].

Notas

  1. Kershner, Isabel (28 de decembro de 2018). "Amos Oz, Israeli Author and Peace Advocate, Dies at 79" (en inglés). The New York Times. Consultado o =28 de decembro de 2018. 
  2. "Muere a los 79 años el escritor israelí Amos Oz". El País. Madrid: PRISA. 28 de decembro de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2018. 
  3. Zohar, Itamar (28 de decembro de 2018). "Amos Oz, Israeli Literary Giant, Dies at 79". Haaretz (en inglés). Consultado o =28 de deceembro del 2018. 
  4. EFE. "Miles de israelíes despidieron hoy al "mayor escritor" del país, Amos Oz". =eldiario.es (en castelán). Consultado o =2019-01-01. 
  5. "A pilgrimage to Amos Oz’s grave". The Jerusalem Post | JPost.com (en inglés). Consultado o 2021-01-30. 
  6. Sal Emergui (2017-09-18). "Amos Oz: "El fanatismo no fue creado por ISIS"". =Diario El Mundo (en castelán). Consultado o =2019-01-01. 
  7. Vilanova, Pere (2018-12-29). "Columna | A la sombra de Amos Oz". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-30. 
  8. "Son of novelist, activist David Grossman killed in Lebanon". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-01-30. 
  9. Oz, Amos (2018-06-03). "Opinión | ¿Por qué romper el silencio?". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-30. 
  10. "Premios Príncipe de Asturias de las Letras 2007". Fundación Princesa de Asturias. Consultado o = 30 de decembro de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos