Annwn, Annwfn ou Annwvyn (Annwvn en galés medio, ás veces mal escrito Annwyn, Annwyfn ou Annwfyn) era o alén na mitoloxía galesa. Gobernado por Arawn, ou moito máis tarde (na literatura artúrica) por Gwynn ap Nudd, era basicamente un mundo de pracer, delicias e eterna mocidade, onde non hai enfermidades e sempre abundan os alimentos.


Máis tarde, coa chegada do cristianismo, identificouse coa terra das almas que partiron deste mundo, ceo ou paraíso.[1]

Dise que Annwn está tan lonxe ao oeste que nin sequera Manawydan fab Llŷr a atopou, e que só se pode chegar morrendo. Pero, tamén se dixo que Annwn pode admitir persoas aínda vivas, sempre que atopen a súa porta.

Nome e mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Fontes do galés medio suxiren que se recoñeceu que o termo significaba "moi profundo" na época medieval.[2] A aparición da forma antumnos nunha antiga tableta de maldición en galés, suxire que o termo orixinal puido ser *ande-dubnos, unha palabra común galo-británica que significa literalmente 'inframundo'. A pronuncia galesa moderna de Annwn é [ˈanːʊn].

"Annwfn" posiblemente formouse a partir de an- (gales para 'dentro') + dwfn (gales para 'mundo').[1]

Localizacións míticas

[editar | editar a fonte]

Tanto na mitoloxía galesa como na mitoloxía irlandesa, críase que Annwn se atopaba nunha illa ou baixo terra. Na Primeira rama do Mabinogi, dáse a entender que Annwn é unha terra dentro do reino de Dyfed, mentres que no contexto do artúrico, no poema Preiddeu Annwfn suxire a súa localización nunha illa. Outros dous banquetes no outromundo que aparecen na Segunda rama dos Mabinogi teñen lugar en Harlech no noroeste de Gales e na illa deshabitada de Grassholm, no suroeste de Pembrokeshire.

Ademais, segundo as historias da zona, Annwn é un mundo á parte onde habita a maxia, e podes gozar dunha vida de fantasía antes de renacer.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Davies 2007 , Mac Cana 1983
  2. Sims-Williams 1990

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]