Axente libre | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 5 de outubro de 1987 (36 anos) Nashville, Tennessee |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Brentwood Academy (Brentwood, Tennessee) |
Universidade | North Carolina (2006–2007) |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 8 Por Charlotte Bobcats |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Golden State Warriors (2007–2011) New Jersey Nets (2011) Dallas Mavericks (2011–2014) Boston Celtics (2014–2015) Phoenix Suns (2015) Memphis Grizzlies (2015–2018) Houston Rockets (2018) |
Brandan Keith Wright, nado o 5 de outubro de 1987 en Nashville, Tennessee, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Wright foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2007 tras xogar na Universidade de Carolina do Norte. Foi escollido polos Charlotte Bobcats, e na mesma noite do Draft, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio do escolta Jason Richardson e os dereitos do Draft de Jermareo Davidson, quen foi elixido polos Warriors na 36ª posición. Xogou 38 partidos durante a súa tempada coma rookie, seis deles sendo titular. Wright rematou a tempada 2008-09 con 4.0 puntos e 2.6 rebotes por partido, xogando 9.9 minutos.
O 14 de outubro de 2009, os Warriors ampliaron o seu contrato ata o remate da tempada 2010-11.[1]
O 23 de febreiro de 2011, Wright foi traspasado aos New Jersey Nets xunto a Dan Gadzuric, a cambio de Troy Murphy e unha elección da segunda rolda do Draft.[2]
O 9 de decembro de 2011 asinou como axente libre, co campión da NBA da tempada anterior, os Dallas Mavericks.[3]
O 18 de decembro de 2014, Wright foi traspasado xunto a Jameer Nelson, Jae Crowder e dúas eleccións dos Drafts de 2015 e 2016, ós Boston Celtics, a cambio de Rajon Rondo e Dwight Powell.[4]
O 9 de xaneiro de 2015, Wright foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2015.[5]