Aguacateros de Michoacán – No. 3 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1985 (38 anos) San Diego (California) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Posición | Ala / Ala-pivote |
Liga | LNBP |
Información da carreira | |
Instituto | Lincoln (San Diego, California) |
Universidade | California (2003–2005) Fresno State (2006–2007) |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 2 / Elección: 47 Por Washington Wizards |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Washington Wizards (2007–2010) Sacramento Kings (2010) Charlotte Bobcats (2010–2011) Golden State Warriors (2011–2012) Toronto Raptors (2012) New Orleans Hornets (2012–2013) Indiana Pacers (2013) Santa Cruz Warriors (2014) Tulsa 66ers (2014) Hapoel Eilat (2014) Hapoel Holon (2014–2015) Shenzhen Leopards (2015–2016) Leones de Ponce (2016) Club Malvín (2018) Aguacateros de Michoacán (2018–presente) |
Dominic McGuire, nado o 20 de outubro de 1985 en San Diego (California) é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga para os Aguacateros de Michoacán da Liga Nacional de Baloncesto Profesional mexicana.
McGuire foi seleccionado na 47ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Washington Wizards. O 13 de agosto de 2007, McGuire asinou un contrato de 3 anos polos Wizards.[1] O 16 de abril de 2008, xogou o seu primeiro partido coma titular na súa carreira na NBA, contra os Orlando Magic.
O 18 de febreiro de 2010, foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2010.[2]
O 22 de xullo de 2010, asinou cos Charlotte Bobcats.[3] O 24 de febreiro de 2011, os Bobcats prescindiron de McGuire tras un traspaso entre Charlotte e os Portland Trail Blazers.[4] En cambio, foi fichado de novo o 3 de marzo de 2011.[5]
O 15 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Golden State Warriors.[6] Xogou o seu primeiro partidos cos Warriors o 25 de decembro de 2011, na derrota con Los Angeles Clippers por 105-86.
O 12 de setembro de 2012, asinou cos Toronto Raptors.[7] Foi cortado o 30 de novembro de 2012, cando os Raptors ficharon a Mickaël Piétrus.[8]
O 16 de decembro de 2012, McGuire asinou cos New Orleans Hornets.[9] Foi cortado polos Hornets o 4 de xaneiro de 2013.[10] O 7 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos Indiana Pacers.[11]
O 26 de setembro de 2013, asinou cos Utah Jazz.[12]