Axente libre | |
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 19 de setembro de 1983 (40 anos) Milwaukee, Wisconsin |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 112 kg (248 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Vincennes (2002–2004) Purdue (2004–2007) |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 2 / Elección: 31 Por Seattle SuperSonics |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Houston Rockets (2007–2010) Sacramento Kings (2010–2011) New Orleans Hornets (2011–2012) Golden State Warriors (2012–2013) Sacramento Kings (2013–2015) Philadelphia 76ers (2015–2016) Jilin Northeast Tigers (2017–2018) Hiroshima Dragonflies (2019) | |
Información en nba.com |
Carl Christopher Landry, nado o 19 de setembro de 1983 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Landry foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Seattle SuperSonics, e foi traspasado aos Houston Rockets a cambio dunha futura elección de segunda rolda. Na súa tempada coma rookie, apenas xogou ao principio da tempada, pero coa lesión do seu compañeiro Yao Ming converteuse nunha peza importante nos Rockets, que lograron 22 vitorias consecutivas, a segunda mellor marca da historia da NBA. Foi elixido no segundo equipo de Rookies ao remate da tempada.
Tras esa tempada, Landry converteuse en axente libre restrinxido. O 24 de setembro de 2008, aceptou unha oferta dos Charlotte Bobcats, por 9 millóns de dólares durante 3 anos.[1] Ao día seguinte, os Rockets igualaron a oferta.[2]
Na súa terceira tempada en Houston, Landry recibiu moitos minutos, debido á baixa de Yao Ming, que se recuperaba dunha lesión. Xogou 52 partidos, nos cales fixo 16.2 puntos, 5.5 rebotes e 1 tapón por partido.
O 18 de febreiro de 2010, Landry foi traspasado aos Sacramento Kings nun traspaso entre tres equipos que levou a Tracy McGrady aos New York Knicks e a Kevin Martin aos Rockets.[3] Foi titular nos 28 partidos que xogou cos Kings, acadando 18 puntos, 6.5 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo de balón por partido.
O 23 de febreiro de 2011, Landry foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Marcus Thornton e algo de diñeiro.[4] O 17 de decembro de 2011, Landry asinou un novo contrato cos Hornets por un ano e 9 millóns de dólares.[5]
O 1 de agosto de 2012, Landry fichou polos Golden State Warriors.[6]
O 15 de xullo de 2013, Landry asinou un contrato multianual cos Sacramento Kings.[7]
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007–08 | Houston | 42 | 16.9 | .616 | .000 | .661 | 4.9 | 0.5 | 0.4 | 0.2 | 8.1 |
2008–09 | Houston | 69 | 21.3 | .574 | .333 | .813 | 5.0 | 0.6 | 0.4 | 0.4 | 9.2 |
2009–10 | Houston | 52 | 27.2 | .547 | .000 | .839 | 5.5 | 0.8 | 0.5 | 0.9 | 16.1 |
2009–10 | Sacramento | 28 | 37.6 | .520 | .333 | .741 | 6.5 | 0.9 | 1.0 | 0.6 | 18.0 |
2010–11 | Sacramento | 53 | 26.5 | .492 | .000 | .721 | 4.8 | 0.9 | 0.6 | 0.4 | 11.9 |
2010–11 | New Orleans | 23 | 26.2 | .527 | .000 | .795 | 4.1 | 0.6 | 0.4 | 0.5 | 11.8 |
2011–12 | New Orleans | 41 | 24.4 | .503 | .000 | .799 | 5.2 | 0.9 | 0.3 | 0.3 | 12.5 |
2012–13 | Golden State | 81 | 23.2 | .540 | .333 | .817 | 6.0 | 0.8 | 0.4 | 0.4 | 10.8 |
Total | 389 | 24.5 | .536 | .176 | .784 | 5.3 | 0.8 | 0.5 | 0.5 | 11.9 |
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008 | Houston | 6 | 17.7 | .423 | .000 | .750 | 4.7 | 0.0 | 1.2 | 0.5 | 5.7 |
2009 | Houston | 13 | 18.5 | .557 | .000 | .576 | 3.9 | 0.2 | 0.3 | 0.4 | 7.5 |
2011 | New Orleans | 6 | 35.5 | .456 | .000 | .917 | 5.0 | 1.0 | 0.7 | 0.5 | 15.8 |
2013 | Golden State | 12 | 20.5 | .520 | .000 | .731 | 5.2 | 1.4 | 0.6 | 0.2 | 11.8 |
Total | 37 | 21.8 | .504 | .000 | .745 | 4.6 | 0.7 | 0.6 | 0.4 | 9.9 |