Brooklyn Nets – No. 2 | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 3 de marzo de 1996 (28 anos) Moon Township, Pensilvania |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Moon Area (Moon, Pensilvania) Our Lady of the Sacred Heart (Moon, Pensilvania) |
Universidade | Pittsburgh (2014–2017) North Carolina (2017–2019) |
NBA Draft | 2019 / Rolda: 1 / Elección: 11 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | dende 2019 |
Historial de equipos | |
Phoenix Suns (2019–2023) Brooklyn Nets (2023–presente) |
Cameron Jordan Johnson, nado o 3 de marzo de 1996 en Moon Township, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA). Con 1,98 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.
O 20 de xuño de 2019, Johnson foi seleccionado polos Minnesota Timberwolves na 11ª posición do Draft da NBA de 2019, pero pouco despois foi traspasado ós Phoenix Suns xunto a Dario Šarić a cambio de Jarrett Culver.[1] O 6 de xullo de 2019, Johnson asinou cos Suns.[2] Debutou na NBA o 26 de outubro de 2019 na vitoria dos Suns por 130–122 contra os Los Angeles Clippers.[3]
O 9 de febreiro de 2023, os Suns traspasaron a Johnson ós Brooklyn Nets xunto a Mikal Bridges, Jae Crowder e catro eleccións da primeira rolda do Draft, a cambio de Kevin Durant e T. J. Warren.[4]