Jarrett Culver
Rio Grande Valley Vipers – No. 8
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 20 de febreiro de 1999 (25 anos)
Texas Dallas, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Información da carreira
Instituto Coronado (Lubbock, Texas)
Universidade Texas Tech (2017–2019)
NBA Draft 2019 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por Phoenix Suns
Carreira desde 2019
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (2019–2021)
Memphis Grizzlies (2021–2022)
→ Memphis Hustle (2021)
Atlanta Hawks (2022–2023)
→ College Park Skyhawks (2022–2023)
Rio Grande Valley Vipers (2023–presente)

Jarrett Culver, nado o 20 de febreiro de 1999 en Dallas, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Rio Grande Valley Vipers da NBA G League.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Culver foi escollido na 6ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Phoenix Suns, e os seus dereitos foron traspasados ós Minnesota Timberwolves, a cambio de Dario Šarić e a 11ª elección dese Draft, nun traspaso que se fixo oficial o 6 de xullo de 2019.[1] Dous días máis tarde, o 8 de xullo, Culver asinou cos Timberwolves.[2] O 23 de outubro de 2019, Culver debutou na NBA, facendo catro puntos e dúas asistencias na vitoria dos Timberwolves por 127–126 contra os Brooklyn Nets.[3]

O 25 de agosto de 2021, Culver e Juancho Hernangómez foron traspasados ós Memphis Grizzlies a cambio de Patrick Beverley.[4]

O 12 de setembro de 2022, Culver asinou cos Atlanta Hawks.[5] O 14 de xaneiro de 2023, os Hawks cortaron a Culver.[6]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Timberwolves Acquire Draft Rights to Jarrett Culver in Completion of Draft-Night Trade". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  2. "Timberwolves sign Jarrett Culver". NBA.com. 8 de xullo de 2019. Consultado o 8 de xullo de 2019. 
  3. "Irving scores 50 but misses last shot, Wolves top Nets in OT". ESPN.com. 23 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  4. "Grizzlies acquire Jarrett Culver and Juancho Hernangomez from Timberwolves". NBA.com. 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021. 
  5. "Atlanta Hawks Sign Guard Jarrett Culver to Two-Way Contract". NBA. Consultado o 20 de setembro de 2022. 
  6. "Atlanta Hawks Request Waivers on Jarrett Culver". NBA. Consultado o 14 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]