Memphis Grizzlies – No. 12 | |
Posición | Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 10 de agosto de 1999 (25 anos) Dalzell, Carolina do Sur |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 79 kg (174 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Crestwood (Sumter, Carolina do Sur) |
Universidade | Murray State (2017–2019) |
NBA Draft | 2019 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Memphis Grizzlies |
Carreira | dende 2019 |
Historial de equipos | |
Memphis Grizzlies (2019–presente) | |
Premios e galardóns | |
Rookie do Ano da NBA (2020) |
Temetrius Jamel "Ja" Morant, nado o 10 de agosto de 1999 en Dalzell, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Con 1,91 metros de estatura xoga na posición de base.
O 20 de xuño de 2019, Morant foi seleccionado polos Memphis Grizzlies na segunda posición do Draft da NBA de 2019.[1] O 2 de xullo de 2019, asinou cos Grizzlies un contrato por dous anos.[2] Morant debutou na NBA o 23 de outubro de 2019, facendo 14 puntos, 4 rebotes e 4 asistencias na derrota dos Grizzlies por 101-120 contra os Miami Heat.[3] Na súa primeira tempada na liga foi nomeado Rookie do Ano da NBA de 2020, e incluído no mellor quinteto de rookies da tempada.[4]