Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira
Complexo intermareal coa marea alta e baixa
Marco Legal
Figura de Protección: ZEPA, Zona húmida protexida, Zona húmida Ramsar
Ano de constitución: Xaneiro de 1990 (ZEPA), Xuño de 2004 (Zona húmida)
Superficie: 2.813 ha.
Lexislación: Decreto 72/2004 (ZEPA), 8 de maio de 1990 (Zona húmida)
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados e A Illa de Arousa
Ríos: río Umia
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como zona de protección de aves e zona húmida protexida.[1][2][3][4][5] [6][7] É tamén a zona Ramsar Complexo intermareal Umia-O Grove.[5][8] Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 2.813 hectáreas.[5]

Destaca pola súa flora e fauna da marisma e, especialmente, pola súa abundante e variada poboación de aves acuáticas invernantes e nidificantes. Ocupan a marisma da ría durante os seus pasos migratorios ou aniñan.[5]

Xeografía

Os límites da ZEPA e Ramsar "Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" abranguen varios espazos[5]:

Flora e fauna

Flora

Cistanche phelypaea, especie que, en Galicia, só se atopa no Complexo Umia-O Grove

Neste espazo atópanse varios endemismos de flora, como Cistanche phelypaea.[8] As especies da flora deste espazo en risco de extinción deste espazo natural son[5]:

Especie
Alyssum loiseleurii
Arabis juressi
Chaetopogon fasciculatus subsp. prostratus
Cytisus insularis
Limonium dodartii
Linaria arenaria
Lithothamnion corallioides
Phymatholithon calcareum
Scirpus pungens
Utricularia minor

Fauna

Aves

Por esta ZEPA migran un amplo número de aves migratorias e aniñan. De feito, durante o período invernal poden contabilizarse ata 13.000 a 16.000 aves acuáticas co cal é o principal punto de aves acuáticas galego e o segundo das costas cantábrico-galaicas.[5] Abundan en número as especies limícolas e anáticas, ora invernantes ou non, e as ardeidas que invernan.[8] Algunhas especies a destacar están a píllara papuda (Charadrius alexandrinus), a gabita (Haematopus ostralegus), o mazarico rabipinto (Limosa lapponica), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e o furabuchos balear (Puffinus mauretanicus).[5]

As especies de aves en risco de extinción deste espazo natural son[5] :

Especie
Charadrius alexandrinus
Circus cyaneus
Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica
Haematopus ostralegus
Hydrobates pelagicus
Phalacrocorax aristotelis
Puffinus mauretanicus

Lexislación

O "Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" está amparado baixo as figuras de protección[5] :

Ademais, a súa totalidade está amparada por outra figuras de protección da Rede Natura 2000, a Zona Especial de Conservación (ZEC) “Complexo Ons-O Grove[9]. Este espazo natural inclúe ademais ás illas Ons.[5][9] Esta área tamén cadra parcialmente co IBA 003 "Ría de Arousa (O Grove)" do inventario de 1998 da SEO/BirdLife.

Notas

  1. 1,0 1,1 Consellería de medio ambiente (10/05/1990). DOG - Xunta de Galicia, eds. "Orde pola que se inclúe a zona denominada Complexo Intermareal do Grove-Umia, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón no rexistro xeral de e espazos naturais de Galicia." (90). 
  2. Consellería de medio ambiente (05/07/1990). DOG - Xunta de Galicia, eds. "Corrección de erros. Orde do 9 de abril pola que se inclúe a zona denominada complexo intermareal do Grove - Umia, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón no Rexistro Xeral e Espacios Naturais de Galicia." (PDF) (131). 
  3. Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "Decreto 157/1995, do 3 de xuño, polo que se inclúen as zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, lagoa Bodeira e punta Carreirón; ría de Ortigueira; lagoa e areal de Valdoviño e ría do Eo no Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia." (106). 
  4. Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Código ZEPA ES0000087 - Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira". 
  6. 6,0 6,1 6,2 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Humidais protexidos: Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira". 
  7. 7,0 7,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (PDF) (69): 5–046–5.048. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Ramsar sites information services, The Ramsar Convention Secretariat (eds.). "Ramsar Sites Information Service: Complexo intermareal Umia-Grove". Consultado o 2/4/2020. 
  9. 9,0 9,1 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Complexo Ons-O Grove". Consultado o 01/04/2020. 

Véxase tamén

Bibliografía