Coordenadas: 42°18′27.3″N 7°14′37″O / 42.307583, -7.24361
Souto de Rozavales | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Monumento natural, Árbore senlleira | ||
Ano de constitución: | 2000 | ||
Superficie: | 1,80 ha. | ||
Lexislación: | DECRETO 67/2007, do 22 de marzo. | ||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | Ourense | ||
Concellos: | Manzaneda | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales[1], é un souto de castiñeiros que se atopa na parroquia de San Martiño de Manzaneda (Manzaneda). Neste souto destaca o castiñeiro de Pumbariños, declarado árbore senlleira, que é a súa árbore máis singular xa que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos.[2][3]
Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro e incluído no catálogo de árbores senlleiras en 2007.[2][3]
O souto ten unha extensión aproximada de 1,8 ha. Os exemplares do souto son enxertados e durante séculos foron aproveitados para a recollida de castañas. O souto está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.
O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro da especie Castanea sativa Mill. O castiñeiro é de máis de 13 metros de perímetro e cunha base, da base ata as pólas, de 1.90 metros. Ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro)[4] As súas polas principais son de entre 6 e 8 metros e a súa copa abrangue un diámetro de 20 metros. Calcúlaselle unha idade de 500 anos, polo que sería unha das árbores galegas coñecidas máis vella.[3][5]