Infotaula de personaEmma Pedreira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

AELG: 517 Dialnet: 1461820

Emma Pedreira Lombardía, nada na Coruña o 11 de novembro de 1978[1], é unha escritora galega en lingua galega.

Traxectoria

Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta e narradora[2] encadrada na Xeración dos 90.[3] Formou parte da Plataforma de crítica feminista A Sega entre 2016 e 2019. En 2018 colaborou na revista Ligeia.[4]

En 2018 gañou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega polo seu libro Bibliópatas e Fobólogos.

En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros".[5]

En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres".[6] O dito libro foi considerado o mellor libro xuvenil do ano pola revista electrónica Fervenzas Literarias e fíxose co galardón de mellor obra xuvenil na Gala do Libro Galego 2020.[7]

Obras

Poesía

Narrativa

Ensaio

Obras colectivas

Obra plástica

Edicións dixitais

Recoñecementos

En 2018 participou en Vértice de versos, unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.

En 2019 presentouse un documental centrado na súa figura, titulado O des-en-freo, de Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro no que participan Eli Ríos, María Lado, Miriam Ferradáns, Susana Sánchez Arins, Lucía Novas, Quico Valeiras, Antía Marante e David Cortizo Conde.[30]

Premios

Notas

  1. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-09. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09. 
  3. "Emma Pedreira". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-09. 
  4. "Enma Pedreira". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416. 
  5. ""Besta do seu sangue" de Emma Pedreira gaña o Premio Xerais de Novela". Faro de Vigo. Consultado o 02/05/2018. 
  6. Redacción. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-09. 
  7. "Premios Gala do Libro Galego Axenda cultural AELG". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-23. 
  8. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09. 
  9. https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/57646/51915
  10. "ANTÍDOTO de Emma Pedreira". avarellos.info. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-06-09. 
  11. https://www.correiodoporto.pt/wp-content/uploads/2020/11/A_BULA_dezembro_2020_93-EMMA-PEDREIRA.pdf
  12. Nicolás, Ramón (2016-08-11). "Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-09. 
  13. "Corazón y demás tripas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-09. 
  14. 14,0 14,1 "Emma Pedreira, escritora, gañadora do ​IV Premio Internacional de Poesía Jovellanos" Zigzag diario. Entrevista de Pilar García Rego para falar do poema "Lista da compra da viúva" e do libro Bibliópatas e fobólogos
  15. "Bibliópatas e fobólogos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-09. 
  16. March, Kathleen N. "Bibliopaths and Phobologues". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-11. 
  17. "Besta do seu sangue". www.xerais.gal. Consultado o 2018-10-22. 
  18. Nicolás, Ramón (2018-12-03). "Besta do seu sangue, de Emma Pedreira". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-09. 
  19. Eyré, Xosé Manuel (2018-12-12). "crítica de BESTA DO SEU SANGUE (Emma Pedreira, Xerais)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-06-09. 
  20. "as-fauces-feroces". baiaedicions.gal. Consultado o 2019-07-16. 
  21. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11. 
  22. "Os corpos invisibles". Lecturafilia (en castelán). 2019-11-01. Consultado o 2019-11-18. 
  23. Dunne, Jonathan. "Invisible bodies". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-11. 
  24. Otero Varela, Inma (xullo, agosto, setembro 2022). "O desafío de contar unha vida". Grial LX (235): 83–84. ISSN 0017-4181. 
  25. Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-22. 
  26. Está dispoñible en Words without borders, the online magazine https://www.wordswithoutborders.org/article/march-2021-writing-from-galicia-voracious-emma-pedreira-kathleen-march
  27. Foi publicado pola Nueva York Poetry Review https://www.nuevayorkpoetryreview.com/Nueva-york-Poetry-Review-3183-92-poesia-espaola-emma-pedreira Arquivado 06 de outubro de 2021 en Wayback Machine.
  28. https://esteros.org/2021/04/07/emma-pedreira-galicia/
  29. Pode lerse en http://galicianliterature.gal/emma-pedreira Arquivado 21 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.
  30. "Presentación Do Documental 'Emma Pedreira: O Des-En-Freo' en Santiago de Compostela". www.imjoying.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas