Coordenadas: 43°47′25″N 7°41′16″O / 43.79027778, -7.68777778
Estaca de Bares | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 851.54 (11% de área mariña) | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3] | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | A Coruña | ||
Concellos: | Mañón | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
A Estaca de Bares é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) da parroquia na coruñesa de Bares, Mañón. Este cabo é o punto máis setentrional da Península Ibérica e o que se considera o punto de división entre o mar Cantábrico e o Atlántico.[1][2][3][4][5] Nel destaca o faro da Estaca de Bares, construído en 1850.[6]
Con 2.500 mm ó ano é unha dos lugares máis chuviosos de Europa.
O cabo é un enclave con valor ornitolóxico xa que é unha atalaia na que se avistan moitas das migracións de aves mariñas. Consta que desde os anos 50 do pasado século XX ornitólogos europeos comezaron a frecuentar a zona, que en varias épocas do ano reúne a numerosos ornitólogos[7].
Entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares: mascato, arao romeiro, corvo mariño real e pato pentumeiro son as especies mellor representadas, nidificando tamén na zona o falcón peregrino.[Cómpre referencia]
Neste cabo tamén poden verse as ruínas dunhas instalacións militares abandonadas. Unha delas era unha instalación dos Gardacostas dos Estados Unidos ao comezo dos anos 60, como unha base LORAN (do inglés: Long Range Aid to Navigation). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno británico en East Blockhouse, Gales e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, Francia.
En 1978, tras a finalización das operacións LORAN dos gardacostas, a Forza Aérea dos Estados Unidos asumiu o control da base. A base funcionou como unha estación de comunicacións ata 1991. Na actualidade, estas instalacións están en ruínas.[8]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estaca de Bares |
Espazos protexidos de Galicia | |
---|---|
Parque nacional: | |
Parque natural: | Monte Aloia (1978) - Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (1992) - Baixa Limia - Serra do Xurés (1993) - Montes do Invernadeiro (1997) - Fragas do Eume (1997) - Serra da Enciña da Lastra (2002) |
Monumento natural: | |
Rede Natura 2000: | Zona especial de conservación (ZEC) (en Galicia) - Lugar de importancia comunitaria (LIC) (en Galicia) - Zona de especial protección para as aves (ZEPA) (en Galicia) |
Zona húmida protexida: | |
Reserva da biosfera: | Terras do Miño (2002) - Área de Allariz (2005) - Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá (2006) - Río Eo, Ozcos e Terras de Burón (2007) - Reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés (2009) - As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (2013) - Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel (2021) |
Outros: |