Fentos arborescentes (Cyatheales)

Exemplar de Dicksonia antarctica nun xardín de Toquio (Xapón)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Clase: Polypodiopsida
Subclase: Polypodiidae
Orde: Cyatheales
Familias
  • Thyrsopteridaceae (Familia 18)
  • Loxsomataceae (Familia 19)
  • Culcitaceae (Familia 20)
  • Plagiogyriaceae (Familia 21)
  • Cibotiaceae (Familia 22)
  • Cyatheaceae (Familia 23)
  • Dicksoniaceae (Familia 24)
  • Metaxyaceae (Familia 25)

Segundo Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada no Smith et al. 2006[4], 2008)[5]; que tamén fornece unha secuencia lineal das licófitas e monilófitas.

Véxase o artigo Pteridophyta para unha introdución ás plantas vasculares sen semente.

Os fentos arborescentes ou arbóreos actuais son fentos que medran con tronco elevando as frondes, e, a diferenza dos fentos comúns, estas non saen a rentes do chan. A maior parte dos fentos arbóreos pertencen ás familias Dicksoniaceae e Cyatheaceae na orde Cyatheales, categoría taxonómica circunscrita deste xeito pola moderna clasificación de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] é monofilético.

Os fentos arborescentes atópanse nas áreas subtropicais e tropicais, incluíndo as forestas frías e temperadas de choivas en Australia, Nova Zelandia, e rexións veciñas (ex: Malaisia, Illa de Lord Howe etc). Como todos os fentos, os fentos arbóreos reprodúcense por medio de esporas formadas no lado inferior das frondes.

As frondes dos fentos arbóreos son xeralmente moi grandes e constitúen follas pinnadas multíplices. Outros tipos, no entanto, posúen frondes enteiras, non divididas.

En Galiza non hai fentos arborescentes autóctonos, porén, o uso destes en xardinaxe coma plantas ornamentais, especialmente en parques e arboredos de pazos e mosteiros fixo que algunhas especies, coma a Dicksonia antarctica se teñan naturalizado[6].

Taxonomía

Introdución teórica en Taxonomía

A clasificación máis actualizada é a de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada en Smith et al. 2006[4], 2008)[5]; que tamén fornece unha secuencia lineal das licófitas e mais das monilófitas.

8 familias. Referencias: Holttum & Sen (1961), Korall et al. (2006a).
1 xénero (Thyrsopteris). Referencias: Boodle (1915), Sen & Rahaman (1999).
2 xéneros. (Loxsoma , Loxsomopsis). Referencias: Bower (1923), Lehnert et al. (2001).
Nota: O nome ‘Loxoma’ foi un erro de ortografía e foi corrixido a Loxsoma (Hooker 1838) .
1 xénero (Culcita). Referencia: Sen (1968).
1 xénero (Plagiogyria). Referencia: Zhang & Nooteboom (1998).
1 xénero (Cibotium). Referencia: Smith et al. (2006a).
4 xéneros ( Alsophila, Cyathea, Gymnosphaera, Sphaeropteris). Referencias: Christenhusz (2009b), Conant et al. (1995, 1996), Conant & Stein (2001), Janssen et al. (2008), Korall et al. (2006a), Lantz et al. (1999), Lehnert (2006, 2008, 2009), Marquez (2010), Stein et al. (1996), Wang et al. (2003) .
3 xéneros (Calochlaena, Dicksonia, Lophosoria). Referencias: Churchill et al. (1998), Lehnert (2006), White & Turner (1988).
1 xénero ( Metaxya). Referencias: Qiu et al. (1995), Sen (1969), Smith et al. (2001).

Clasificación sensu Smith et al. 2006

Localización taxonómica:

Clados superiores incluído Monilophyta para texto, Clase Polypodiopsida, Orde Cyatheales.

Sinónimo: "Fentos arborescentes e afíns".

Incluído Dicksoniales, Hymenophyllopsidales, Loxomatales, Metaxyales, Plagiogyriales.

8 familias:

Filoxenia

Introdución teórica en Filoxenia

Monofilético (Hasebe et al. 1995, Wolf et al. 1999, Pryer et al. 2004b).

Cibotiaceae, Dicksoniaceae, Cyatheaceae e Metaxyaceae, forman o clado do "núcleo dos fentos arborescentes" ("core tree ferns").

Caracteres

Figura 2. Diagrama esquemático do ciclo de vida das plantas vasculares sen semente.
Referencias:
n : xeración haploide,
2n : xeración diploide,
m! : mitose,
M! : meiose,
F! : fecundación

Os fentos arborescentes e afíns, son plantas vasculares con ciclo de vida haplodiplonte onde a alternancia de xeracións é ben manifesta, con esporófito e gametófito multicelulares e independentes, con esporas coma unidade de dispersión e de resistencia. O gametófito é un "talo" (corpo sen organización), e o esporófito é un "cormo" (con raíz, vástago e sistema vascular). Por mor a estas características tradicionalmente agrúpanas coas "pteridófitas".

Posúen esporófitos con megafilos ou "frondes" (Euphyllophyta).

As familias desta orde posúen unha relación moi achegada entre elas, segundo os estudos moleculares xa citados, pola contra a orde non posúe caracteres morfolóxicos conspicuos que o caractericen; algunhas especies teñen talo formando un estípite, outras teñen rizomas rastreiros. Algunhas teñen soamente pelos nos talos e follas, outras teñen escamas. Os soros son abaxiais ou marxinais, indusiados ou sen indusio. As esporas son globosas ou tetraedro-globosas, con marca trilete. Os gametófitos son verdes, cordados.

Galería de imaxes

Notas

Notas

Referencias máis específicas

Referencias citadas

  1. 1,0 1,1 1,2 Christenhusz et al. 2011. A linear sequence of extant families and genera of lycophytes and ferns. Phytotaxa 19: 7-54. (pdf)
  2. 2,0 2,1 2,2 Preface to “Linear sequence, classification, synonymy, and bibliography of vascular plants: Lycophytes, ferns, gymnosperms and angiosperms” pdf
  3. 3,0 3,1 3,2 Corrections to Phytotaxa 19: Linear sequence of lycophytes and ferns pdf
  4. 4,0 4,1 A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 ( pdf)
  5. 5,0 5,1 Smith, A.R., Pryer, K.M., Schuettpelz, E., Korall, P., Schneider, H., & Wolf, P.G. (2008) Fern classification, pp. 417–467 en: Ranker, T.A., & Haufler, C.H. (eds.), Biology and Evolution of Ferns and Lycophytes. Cambridge , Cambridge University Press.
  6. Atópanse exemplares do fento arbóreo Dicksonia antarctica en Oia - http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/02/20/2438751.shtml Arquivado 04 de xullo de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas