Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | O Arrabal | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.104 (2023) (64,67 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 48 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 3 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Cristina Correa (2015–) | ||||
Eleccións municipais en Oia | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36794 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36036 | ||||
Páxina web | concellodeoia.es |
Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 3.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é oiense.
A capital municipal sitúase no lugar do Arrabal.
Toda a franxa occidental do concello dá ao mar. O relevo está marcado polos contrafortes en dirección N-S da Serra da Groba, que chegan até os 600 metros de altitude e dos que parten vales estreitos que descenden até a ribeira, constituída por unha rasa litoral extensa. Aquí é onde se localizan os núcleos de poboación (Oia, Viladesuso, Mougás) e as escasas terras de cultivo. Noutro val paralelo á costa, entre os montes de Lousado e Corrubelo, sitúanse Loureza e Burgueira, parroquias nas que se cultiva aproveitando os socalcos. Ao sur atópase o val do Rosal.
Os cursos de auga son moi curtos, como o Carballás e o Tamuxe. As alturas máximas atópanse nos montes de Lousado (Alto da Gabiñeira, 610 m) e no monte Pedrada (518 m). Nos montes atópanse piñeiros e eucaliptos e monte baixo de toxos e uces. A temperatura media anual é de 15 °C.
Censo total 2014 | 3.042 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 378 (12.43 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.967 (64.66 %) |
Maiores de 65 anos | 697 (22.91 %) |
Evolución da poboación de Oia Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
2.639 | 2.677 | 2.893 | 3.095 | 2.912 | 3.227 | 3.179 | 3.101 | 3.094 | 3.042 | 3.008 | 3.002 | 3.004 | 3.018 | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Da Idade de Bronce atopáronse machados e hai gravados rupestres nos montes que miran para a costa. Porén, en abril de 2010 o sitio do Sobreiro[1], tamén chamado de Boaventura, na parroquia de Burgueira, foi esnaquizado por máquinas que acondicionaban o terreo para unha plantación de kiwis[2].
Hai abondosos restos castrexos, entre os que destaca o sitio arqueolóxico de Bouza Fariña, en Mougás. Nel atopouse un altar de sacrificios (actualmente no Museo de Pontevedra) con epigrafía latina. En Viladesuso houbo unha vila romana na que se atopou unha ara (actualmente no Museo Diocesano de Tui).
Mais a historia de Oia xira en volta do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia. Fundouno Afonso VII en 1132, como bieto, sendo o seu primeiro abade Pedro de Incio. En 1185 aceptou a reforma do Císter, someténdose á abadía de San Bernaldo de Claraval; en 1547 incorporouse á congregación cisterciense de Castela.
O mosteiro foi desamortizado e vendido a particulares en 1835. A igrexa destinouse a igrexa parroquial baixo a advocación de Santa María a Real de Oia e desmembrándose da igrexa matriz, San Mamede de Pedornes.
O topónimo Oia está documentado dende época medieval, ligado ao mosteiro de Santa María. O documento máis antigo cita esta localidade no pergameo solto datado en 1137[3]
"...pectet regie parti mille morabetinos et ecclesie Sancte Marie de Oia iam dicte et fratribus ibi existentibus in duplo restituat."
A etimoloxía segundo o toponimista Edelmiro Bascuas faría referencia á auga (hidrotopónimo), e viría de formas paleoeuropeas *ugwia ou *udia, derivadas á súa vez dunha raíz *wegw‑ co significado de ‘húmido’. Polo tanto, estariamos ante un topónimo prerromano que faría referencia a ‘lugares húmidos” ou “con abundancia de auga’[4].
Os lugares máis relevantes por parroquia de norte a sur son[5]:
O escudo de Oia é en realidade o selo do mosteiro. O concello pediu un deseño alternativo, pendente de aceptación.[16][17]
A poboación apenas aumentou en número desde comezos do século XX. A economía é de carácter agrario, pero non moi produtiva: explotación dos montes en mancomún, vacas (80% rubia galega), ovellas e cabalos, que se crían en liberdade e se concentran cada ano na rapa das bestas. A costa non se dá para as actividades pesqueiras, polo que estas son ocasionais e artesanais. Nos últimos anos aumentou o turismo debido á súa posición entre o Val Miñor e o Baixo Miño.
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Oia | |
---|---|
Burgueira (San Pedro) | Loureza (San Mamede) | Mougás (Santa Uxía) | Oia (Santa María) | Pedornes (San Mamede) | Viladesuso (San Miguel) |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oia vexa: Lugares de Oia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oia |