A rexión central das terras altas colombianas estivo controlada por gobernantes muiscas cando os conquistadores españois chegaron á rexión. Estaban organizados nunha Confederación muisca, que tiña dous gobernantes; o zipa que era o gobernante da zona sur con capital Bacatá, hoxe coñecida como Bogotá, e o zaque que era o gobernante da zona norte con capital en Hunza, hoxe coñecida como Tunja.[1]
Os cacicados muiscas considerados como autónomos ou independientes, xa que non se centralizaran baixo un mesmo dirixente,[2] foron os de Saboyá, Charalá, Chipatá, Tacasquira e Tinjacá. Por outra banda, a confederación de Guanentá[3] pertencía ós guanes, e a de Cocuy[4] ós tunebos, ámbolos dous pobos de linguas chibchas, pero independentes.
↑Bushnell, David (2012). Planeta, ed. Colombia: Una nación a pesar de sí misma. Bogotá. pp. 26–27. ISBN978-958-42-1729-5.
↑Tovar, La formación, 91-101; Falchetti y Plazas, El territorio, 45-6; Eduardo Londoño Laverde, “Los cacicazgos muiscas a la llegada de los conquistadores españoles: el caso del zacazgo o reino de Tunja”, tesis presentada para optar la licenciatura en antropología (Bogotá: Universidad de los Andes, 1985), 58-63 y “Guerras y fronteras: los límites territoriales del dominio prehispánico de Tunja”, Boletín del Museo del Oro (Bogotá), núms. 32-33 (1992): 3-19 y Ramírez y Sotomayor, “Subregionalización”, mapa No. 3, “Cacicazgos y división político–administrativa durante la Colonia”.
↑Enumerada por RESTREPO op.cit. y HERNÁNDEZ R, op.cit.