Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos.
Gonzalo Hermo
Nacemento24 de febreiro de 1987
 Rianxo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, filólogo e poeta
XénerosPoesía
EstudosFiloloxía Galega
PremiosPremio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández e Premio Narrativa Breve Repsol
Na rede
Bitraga: 4412 AELG: 476 Dialnet: 2130939
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Hermo González, nado en Taragoña (Rianxo) o 24 de febreiro de 1987, é un poeta, filólogo e tradutor galego.

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Galega en 2010, e doutorouse en Lingüística Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 2010 coa tese O Tombo de tenzas primeiro (ACS CF 17) (1352-1412): estudo completo e edición das vinte e cinco primeiras tenzas, con especial atención ao elemento onomástico, dirixida por Ana Boullón[1]. Impartiu docencia nas universidades de Santiago de Compostela e na Universitat Autònoma de Barcelona. Vive en Barcelona, traballa no sector editorial e é profesor do curso anual de poesía da Escola de Lletres de Tarragona.

Os seus primeiros textos de creación viron a luz en revistas coma Dorna, Andar 21 ou Nova Ólisbos. En 2008 publicou unha colectánea de poemas na Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe baixo o título Escola do resentimento.

Publicou varios libros de poemas. Pola súa obra, recibiu, entre outros, o Premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia (2010), o Premio da Asociación Española de Críticas Literarios (2015), o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández (2015) ou o Premio de Poesía Afundación (2018).

Participou nos festivais internacionais de poesía de Córdoba (Arxentina), Ottawa (Canadá), Barcelona e Mallorca, entre outros. Ademais, traduce poesía galega contemporánea e é membro fundador da editora-libraría-espazo de creación Chan da Pólvora, con sede en Santiago de Compostela.

Traballou no Instituto da Lingua Galega, e é membro das Redes Escarlata.

Obras

Poesía

Narrativa

Obras colectivas

Tradución

Premios

Notas

  1. "Defensa da tese de doutoramento de Gonzalo Hermo". Instituto da Lingua Galega. 2 de maio de 2017. 
  2. Tradución ao catalán por Adrià Targa co título Celebració (Godall Edicions, 2016) e ao español por Miriam Reyes (La Bella Varsovia, 2017).
  3. "La vida salvatge". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-04. 
  4. "Gonzalo Hermo gaña o XVI Premio de Poesía AFundación". Cultura Galega. 18 de xullo de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  5. "Gonzalo Hermo gaña o Premio Repsol de Narrativa Breve". Praza Pública. Consultado o 25 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

Entrevistas e gravacións

Ligazóns externas