Instituto Cervantes
Logo
Tipoinstitución cultural, institución educativa e entidade territorial xeográfica humana
Data de fundación1991
Nomeado en referencia aMiguel de Cervantes
Presidente/aLuis García Montero (-) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizSecretariat of State for International Cooperation
Organización subsidiariaInstituto Cervantes de Varsovia, Instituto Cervantes de Cracovia, Instituto Cervantes Tokio, Instituto Cervantes, Berlin, Instituto Cervantes de Budapest, Instituto Cervantes de Salvador, Instituto Cervantes of Manila, Biblioteca María Zambrano. Instituto Cervantes di Roma, Instituto Cervantes de Pekin, Instituto Cervantes de Shanghai e Instituto Cervantes Praga
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
SedeMadrid
EnMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.cervantes.org
Facebook: InstitutoCervantesAtenas Twitter: instcervantes Youtube: UCCcOeMsOpXCLbe6_RZWvopg Dialnet: 788302 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sede do Instituto na rúa Alcalá de Madrid aberta no verán de 2006
O eñe (Ñ), a letra símbolo do Instituto Cervantes

O Instituto Cervantes é unha institución cultural pública española creada en 1991, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores. Toma o seu nome do escritor Miguel de Cervantes.

A súa tarefa é a promoción e ensino da lingua española, así como a difusión da cultura de España e Hispanoamérica. Como institución cumpre labores similares á Alliance Française, o British Council, o Institut Ramon Llull e o Goethe-Institut.

As súas sedes centrais están en Madrid, no edificio «As Cariátides» da rúa de Alcalá (antiga sede do Banco Central Hispano) e en Alcalá de Henares, na rúa Libreros da cidade. O seu director a é Luis García Montero.

Fins e medios

Os fins do Instituto Cervantes son, segundo o artigo 3 de Lei 7/1991, de 21 de marzo, pola que se crea o Instituto Cervantes, os seguintes:

  1. Promover universalmente o ensino, o estudo e o uso do español e fomentar cantas medidas e accións contribúan á difusión e a mellora da calidade destas actividades
  2. Contribuír á difusión da cultura no exterior en coordinación cos demais órganos competentes da Administración do Estado.

Ademais, tamén dedica unha parte do seu orzamento á promoción das demais linguas españolas, ofertando cursos de galego, catalán e vasco a través dalgúns dos seus centros.

Para conmseguir estes fins:

Todos os anos publica o Anuario do español, que tivo a primeira edición en 1998, e que analiza a situación e novidades da lingua española nos seus distintos ámbitos de uso. Ademais, desde 1997, mantén o Centro Virtual Cervantes en Internet.

O 1 de xuño de 2005, o Instituto Cervantes recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. Comparte galardón coa Alliance Française, a Società Dante Alighieri, o British Council, o Instituto Camões e o Goethe-Institut.

Organización

Centro Virtual Cervantes

O Centro Virtual Cervantes é un sitio web creado e mantido polo Instituto Cervantes de España para contribuír á difusión da lingua española e as culturas hispánicas. Ofrece materiais e servizos para os profesores de español, os estudantes, os tradutores, xornalistas e outros profesionais que traballan coa lingua, así como para os hispanistas que se dedican a estudar a cultura española en todo o mundo, e para calquera persoa interesada na lingua e culturas hispánicas e na situación do español na rede.

Centros no mundo

Sede do Instituto Cervantes en Múnic
Miguel de Cervantes Saavedra (non fidedigno). Pintura atribuída a Juan de Jáuregui

Para os seus labores organízase en:

O Instituto Cervantes non ten aínda ningún centro no Sáhara Occidental, único territorio no mundo con poboación árabe que ten como segunda lingua o español. Actualmente estúdase un proxecto para establecer aulas no Aaiún a través de AECI.

En Xibraltar, logo dun acordo asinado en 2006, crearon un Instituto Cervantes. Esa situación xerou polémica na opinión pública española por ter o Instituto Cervantes centros só no estranxeiro, o que levaba recoñecer implicitamente certo grao de soberanía do goberno e das institucións británicas sobre este territorio así como o seu carácter cultural alleo a España.

O Instituto Cervantes pretende a próxima apertura de aulas en Reiquiavik, Oslo, Abixán, Dakar, Nairobi e San Petersburgo.

En América

En América similar labor cúmpreno as Oficinas de Cooperación Técnica (OCT) e os Centros Culturais de España (CCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional. Anteriormente eran efectuados polo Instituto de Cooperación Iberoamericana.

Véxase tamén

Ligazóns externas