Santa Cruz Warriors – No. 55 | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 23 de xullo de 1993 (31 anos) Petersburg, Virxinia |
Nacionalidade | Estados Unidos Montenegro |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Brunswick (Lawrenceville, Virginia) |
Universidade | Radford (2011–2015) |
NBA Draft | 2015 / Elección: Sen draftear |
Carreira | dende 2015 |
Historial de equipos | |
Marín Peixegalego (2015–2016) Trieste (2016–2018) Ratiopharm Ulm (2018–2019) Boston Celtics (2019–2021) Chicago Bulls (2021–2023) Santa Cruz Warriors (2023–presente) |
Javonte Green, nado o 23 de xullo de 1993 en Petersburg, Virxinia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Santa Cruz Warriors da NBA G League.
O 11 de setembro de 2015, Green asinou co CB Peixefresco da LEB Prata.[1] Na súa primeira tempada coma profesional, foi escollido coma mellor xogador da LEB Prata tras acadar 18 puntos, 6.7 rebotes e 2.2 roubos por encontro.
O 11 de xullo de 2016, asinou co Pallacanestro Trieste da Serie A2 Basket italiana, onde xogou durante dúas tempadas.[2] Ó remate da súa segunda tempada en Italia, Green foi chamado polos Phoenix Suns para xogar a Liga de Verán da NBA de 2017.[3]
O 25 de xullo de 2018, Green asinou co ratiopharm Ulm da Basketball Bundesliga.[4]
O 18 de xullo de 2019, Green asinou un contrato de dúas tempadas cos Boston Celtics.[5] Green debutou na NBA o 25 de outubro de 2019 contra os Toronto Raptors, na vitoria de Boston por 112-106.[6]
O 25 de marzo de 2021, Green foi traspasado ós Chicago Bulls nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Washington Wizards.[7]