O 25 de xullo é o 206º día do ano do calendario gregoriano e o 207º nos anos bisestos . Este día celébrase o Día Nacional de Galicia . Quedan 159 días para finalizar o ano .
De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González , Eladio Rodríguez González , Enrique Peinador , Gonzalo López Abente , Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández , Otero Pedrayo , David Fernández Diéguez , Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía . Sentados Fernando Martínez Morás , Castelao , Manuel Lugrís Freire , Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra . Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934 . 813 - Comezo da historia de Santiago de Compostela cando o bispo de Iria Flavia descobre, segundo a tradición, o sepulcro do apóstolo no bosque de Libredón .
1387 - Desembarca na Coruña, o duque de Lancaster, Xoán de Gante , que pretende a Coroa de Castela , en defensa dos intereses da súa muller, Constanza.
1512 - Tropas ao mando do duque de Alba toman Pamplona , capital do reino de Navarra , o que comporta a perda da súa independencia, ratificada nas cortes de 1515 , e que pasa a ser incorporada á Coroa de Castela .
1907 - A Corea tornase un protectorado do Xapón
1934 - Castelao ingresa na Real Academia Galega , co discurso sobre As Cruces de Pedra na Galiza
1948 - Castelao, como presidente do Consello de Galiza no exilio, pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires
1950 - Fúndase a Editorial Galaxia , en Compostela.
1965 - O padre xesuíta Xaime Seixas dá a primeira misa en galego, en Compostela.
1974 - Comeza a emisión de Panorama de Galicia , o primeiro programa de televisión en lingua galega .
1985 - Comeza a emitir a TVG .
2000 - Accidente do avión Concorde Elias Canetti. France Arnold. 1844 - Thomas Eakins , pintor, escultor e fotógrafo norteamericano (n. 1916 ).
1905 - Elias Canetti , escritor búlgaro en lingua alemá, premio Nobel de Literatura en 1981 .
1906 - Ánxel Sevillano , escritor e xornalista galego (m. 1989).
1920 - Rosalind Franklin , bióloga inglesa (m. 1958).
1923 - Maria Gripe , escritora sueca de literatura infantil e xuvenil (m. 2007).
1936 - Xosé Vilas Nogueira , xurista e profesor galego (m. 2010)
1944 - José Antonio Franco Taboada , arquitecto galego.
1956 - Frances Arnold , premio Nobel de Química
1958 - Thurston Moore , roqueiro estadounidense .
1958 - Manuel Forcadela , escritor galego.
1966 - Xurxo Souto , músico, escritor e xornalista galego.Samuel Taylor Coleridge. 1564 - Fernando I de Habsburgo , Sacro Emperador Romano-Xermánico (n. 1503 ).
1834 - Samuel Taylor Coleridge , poeta, crítico e filósofo inglés (n. 1772 ).
1843 - Charles Macintosh , químico escocés inventor do impermeable (n. 1766 ).
1928 - Ramón Nieto , filántropo galego (n. 1856 ).
1934 - Engelbert Dollfuss , chanceler austríaco (n. 1892 ).
1943 - Jesús Noya González , escritor e xornalista galego (n. 1865).
1950 - Adolfo Vázquez Gómez , xornalista galego (n. 1869 ).
1958 - Miguel López Torre , libreiro e escritor galego (n. 1893).
1959 - Luis Pintos Fonseca , pintor e gravador galego (n. 1906 ).Santoral: Santiago, Zeltia, Suevia, Breogán Os 366 días do ano