O 26 de febreiro é o 57º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 308 días para finalizar o ano , 309 nos anos bisestos .
747 a.C. - Comezo do reinado de Nabonassar, rei de Babilonia baixo a tutela asiria.
364 - Valentiniano I proclamado emperador romano.
1143 - Afonso o Magnánimo conquista o Reino de Nápoles .
1266 - Batalla de Benevento entre Carlos de Anjou e Manfredo de Hohenstaufen .
1498 - Fundación da Universidade Complutense en Alcalá de Henares polo Cardeal Cisneros .
1658 - Sinatura do Tratado de Roskilde entre Dinamarca -Noruega e Suecia .
1797 - O Banco de Inglaterra emite o primeiro billete dunha libra .
1815 - Napoleón Bonaparte escapa da illa de Elba e reorganiza o seu exército; iniciase o chamado Período dos Cen Días, ata a súa derrota definitiva na batalla de Waterloo .
1844 - Independencia da República Dominicana de Haití .
1848 - Proclamación da Segunda república francesa.
1848 - Aparición do Manifesto comunista de Karl Marx .
1869 - Abolida a escravitude nas colonias portuguesas.
1870 - Inauguración do primeiro metro pneumático en Nova York .
1871 - Fírmanse os primeiros tratados de paz entre Francia e o novo Imperio Alemán , tras a guerra franco-prusiana .
1885 - Finaliza a Conferencia de Berlín na que as potencias occidentais reparten África .
1901 - España en estado de guerra en varias provincias a causa das revoltas populares.
1901 - Dimite o Goberno de Marcelo Azcárraga, tras sanguentos choques entre forzas armadas e o pobo madrileño con motivo do enterro do poeta Ramón de Campoamor.
1904 - O Congreso español aproba o proxecto de lei sobre servizo militar obrigatorio.
1908 - Inauguración en Barcelona do Palau da Música Catalá.
1909 - As Cortes aproban un proxecto de lei para a creación dun Teatro Nacional coa subvención do Estado.
1909 - Austria-Hungría e Turquía chegan a un acordo sobre Bosnia e Hercegovina .
1932 - Entrada en vigor da lei do divorcio en España .
1935 - O físico Robert Watson-Watt fai a primeira demostración pública do radar .
1936 - Golpe de Estado no Xapón , son asasinados o xefe do Goberno e varios ministros.
1936 - O chanceler Hitler inaugura a fábrica de Volkswagen , dedicada a producir coches de consumo popular.
1940 - segunda guerra mundial : O destrutor británico "Cossak" aborda o buque tanque alemán "Altmark" e ceiba os 300 prisioneiros ingleses que transportaba.
1945 - Forzas soviéticas atacan por Pomerania e chegan ao mar Báltico .
1946 - Juan Domingo Perón é elixido presidente da Arxentina .
1948 - Constitúese en España o Consello do Reino, estabelecido pola lei de Sucesión á Xefatura do Estado.
1952 - O primeiro ministro Winston Churchill anuncia a obtención da primeira bomba atómica do Reino Unido .
1955 - Accidente de tráfico en Cans , no que morren 31 dos 44 pasaxeiros dun autobús que ía do Porriño a Ponteareas .
1961 - O príncipe herdeiro Muley Hassan é nomeado rei de Marrocos ao finar seu pai, Mohamed V, toma o nome de Hassan II .
1961 O Rei de Marrocos , Hassan II fai votar por referendo unha Constitución de amplas prerrogativas reais.
1963 - Servizos especiais franceses raptan en Múnic o ex coronel Argoud, dirixente da OAS.
1976 - Retirada española do Sáhara .
1978 - Eleccións lexislativas libres no Senegal , sobe ao poder o presidente Leopoldo Sedar Senghor.
1981 - Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo toma posesión coma presidente do Goberno español, o seu mandato durou vinte meses.
1984 - Eleccións autonómicas no País Vasco . Triunfo do PNV (41,69 % dos votos) fronte aos socialistas (23,22 % de votos).
1985 - Acordo sobre a redución dos excedentes de viño e sobre as cotas do leite .
1986 - Corazón Aquino convértese na presidenta de Filipinas despois de que Ferdinand Marcos fose exiliado.
1987 - José Antonio Ardanza , reelixido lehendakari do Goberno vasco por maioría absoluta na primeira votación do Parlamento.
1988 - Liberación do americano Rubin Carter, prendido por asasinato durante 22 anos sendo inocente.
1989 - O británico Colin Jackson, récord mundial dos 60 metros valos, cun crono de 7" 41, en Sindelfingen (RFA).
1990 - Os sandinistas son derrotados nas eleccións en Nicaragua .
1990 - Violeta Chamorro é elixida presidenta de Nicaragua nas primeiras eleccións libres.
1991 - Tim Berners-Lee presenta a World Wide Web .
1991 - O ditador iraqí Saddam Hussein anuncia a retirada das tropas de Kuwait .
1991 - Forzas estadounidenses e kuwaitís entran en Kuwait City, abandonada polas invasoras tropas iraquís.
1991 - O Partido Nacionalista de Bangladesh gaña as primeiras eleccións libres tras 14 anos de goberno militar.
1993 - Primeiro atentado contra o World Trade Center de Nova York , con cinco vítimas mortais.
1995 - O G-7 acorda en Bruxelas os principios comúns da "sociedade da información" na escala mundial.
1998 - O Tribunal Supremo español condena a Mario Conde a 4 anos e 6 meses de prisión por un delito de apropiación indebida.
1998 - A Audiencia Nacional de España condena o ex director da Garda Civil , Luis Roldán , a 28 anos de cárcere por malversación de diñeiro público, estafa, suborno de funcionario e cinco delitos contra a Facenda Pública, e outros 29 de inhabilitación, multa de 1.600 millóns e indemnización ao Estado de 578 millóns por malversación de fondos públicos.
2001 - Destrución dos budas xigantes de Bamiyan en Afganistán .
2002 - ACNUR e a ONG "Save the Children" delatan que uns sesenta cooperantes abusaron sexualmente de menores mentres desenvolvían presuntos labores humanitarios en Liberia , Guinea e Serra Leoa .
2002 - Firma do Tratado de Niza polos 15 países membros da Unión Europea . Victor Hugo. 1361 - Venceslau , emperador romano-xermánico, rei de Bohemia (m. 1419 ).
1416 - Cristovo III, rei de Dinamarca, Suecia e Noruega.
1530 - David Chytraeus, teólogo luterano alemán.
1564 - Christopher Marlowe , dramaturgo inglés.
1587 - Stefano Landi, compositor italiano.
1802 - Victor Hugo , escritor francés (m. 1885 ).
1829 - Levi Strauss , inventor dos pantalóns vaqueiros (m. 1902 ).
1846 - William Frederick Cody (Buffalo Bill ), aventureiro americano (m. 1917 ).
1861 - Fernando I de Bulgaria (m. 1948 ).
1868 - Venceslau Braz , presidente brasileiro (m. 1966 ).
1885 - José de la Riva-Agüero y Osma, escritor e político, expresidente do Perú (mandato do 1923-1927) (m. 1944 ).
1893 - Guillermo Fernández Shaw, libretista madrileño de zarzuelas.
1898 - Roberto González Pastoriza , avogado e político galego.
1900 - Jean Negulesco , director cinematográfico estadounidense de orixe romanesa.
1903 - Agustín de Foxá , escritor.
1908 - Tex Avery , realizador de películas de animación.
1909 - Talal de Xordania (m. 1972 ).
1910 - Enriqueta Otero , mestra e guerrilleira antifranquista galega.
1912 - Alexander Vasilievich Bazov, político ruso (m. 1988 ).
1915 - Juan García Durán , coñecido co pseudónimo de Luís Costa García , guerrilleiro antifranquista e militante anarquista (m. 1986).
1916 - Jackie Gleason , actor estadounidense e director de orquestra (m. 1987 ).
1918 - Theodore Sturgeon , escritor norteamericano (m. 1985).
1921 - Eulalio Ferrer, escritor e publicista mexicano nado en España.
1927 - Manuel Conde Pumpido, maxistrado español.
1928 - Ariel Sharon , primeiro ministro israelí.
1928 - Fats Domino , cantor e músico estadounidense
1932 - Johnny Cash , cantante norteamericano.
1937 - Eduardo Arroyo, pintor e escultor español.
1942 - Tina Sainz, actriz española.
1943 - Enrique Marfany , político galego.
1950 - Helen Clark , primeira ministra de Nova Zelandia .
1955 - Francisco Candeira , historiador e político galego.
1954 - Michael Bolton, cantante.
1985 - Mariana Expósito , actriz galega.
1986 - Leila Lopes , modelo angolana.Karl Jaspers. 1866 - Manuela Rey , actriz de teatro galego-portuguesa.
1878 - Juan María Gutiérrez, escritor e político arxentino.
1883 - Alexandros Kumunduros, político grego, varias veces primeiro ministro.
1889 - Santa Paula Montal, fundadora.
1928 - Juan Vázquez de Mella , político e escritor español
1930 - Rafael Merry do Val, cardeal español.
1931 - Otto Wallach , químico alemán galardoado co Premio Nobel.
1946 - José Sanjurjo Rodríguez , sindicalista e anarquista galego (n. 1866).
1949 - Juan Tellería , compositor vasco (n. 1895 ).
1961 - Mohammed V, rei de Marrocos (n. 1909 ).
1966 - Gino Severini, pintor italiano.
1969 - Karl Jaspers , filósofo e psiquiatra alemán.
1971 - Fernandel , cómico, cantante cómico francés (n. 1903 ).
1982 - Paco Martínez Soria , actor cómico español.
1985 - Manuel Bergueiro , mestre e escritor galego.
1991 - Xesús Campos Álvarez , humorista gráfico e xornalista galego (n. 1951).
1994 - Juan Beneyto Pérez, profesor de Ciencias da Comunicación.
1998 - Theodore Schultz , economista estadounidense (n. 1902).
1999 - Cristóbal Zaragoza, escritor español.
2000 - Xoana de Savoia ("a Raíña Xoana"), nai do rei Simeón II de Bulgaria .
2001 - Arturo Uslar Pietri , escritor e político venezolano.
2004 - Boris Trajkovski, presidente de Macedonia nun accidente de avión (n. 1956 ).
2005 - Jef Raskin, creador do ordenador Apple Macintosh (n. 1943 ).Santoral: San Néstor (s. III); Alexandre, Porfirio, André, Flavino, Faustino, Auspicio e Denís (Bispos) ; Fiz, Fortunato, Diodoro, Clodio, Papías e Claudiano (Mártires) ; Agrícola, Arnoldo e Víctor (Confesores) ; Santa Paula Montal (Fundadora) . Os 366 días do ano