1520 - Iníciase en Valencia a revolta da Irmandade dos Gremios contra os nobres, coñecida como Guerra das Xermanías.
1692 - No proceso das bruxas de Salem (Estados Unidos), cae a máxima responsabilidade sobre a india Tituba, que é presa e acusada de buxería, morrerá axustizada.
1696 - O político inglés, Thomas Osborne, coñecido como o conde de Danby é acusado de corrupción.
1704 - Un grupo de indios xunto coas tropas francesas atacan o destacamento de Deerfield, no estado de Massachusetts.
1848 - O conde de Neufchatel declara a independencia de Suíza.
1852 - Tras unhas pelexas na procura de dominar unha rebelión, o goberno mexicano ascende a Ignacio Zaragoza a capitán do Batallón da Garda Sedentaria de Monterrey.
O goberno venezolano a través dunha asemblea outorga provisionalmente os distritos federais as comarcas.
O goberno arxentino publica unha orde de neutralidade nos problemas da Banda Oriental.
Chega un envío de 24.000 pesos para os presos republicanos mexicanos que están detidos nos cárceres de Francia; cúmprese así a orde dada por Benito Juárez.
1880 - Rematan as obras de perforación do túnel de San Gotardo, que une Suíza con Italia.
O escritor Vicente Blasco Ibáñez salva milagrosamente a vida nun duelo contra un tenente do Corpo de Seguridade, grazas a unha argola que levaba suxeitando unha cadea, na que rebotou a bala que aquel disparou.
O científico holandés, Heike Kamerlingh Onnes produce o helio no seu estado sólido por primeira vez, este feito esténdese a un grupo de científicos do mesmo país.
Nos Estados Unidos aparece asasinado Pat Garret, o shériff da poboación de Lincoln Country que dera caza ao matapistoleiros Billy the Kid.
1916 - Durante a primeira guerra mundial o piloto alemán Kurt Haber (nado no ano 1895 e morto en combate no 1916) logra abater o primeiro avión Voisin durante a batalla de Soissons.
Detido o arcebispo Desmond Tutu xunto cun cento de clérigos na Cidade do Cabo (Suráfrica) durante as súas protestas contra os freos estatais impostos ás organizacións anti-apartheid cinco días antes.
En Colombia o goberno aproba a lei de fomento da investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico.
O presidente da República Centroafricana, André Kolingba, conmuta a pena de morte ao ex emperador Jean Bedel Bokassa pola de traballos forzados a perpetuidade.
O presidente do Senegal, Abdou Douf, decreta o estado de emerxencia en Dakar, para poñer fin aos disturbios que se produciron ao coñecerse os primeiros resultados das eleccións, que lle daban gañador cun 77% dos votos.
A poboación de Bosnia e Hercegovina pronúnciase nun plebiscito popular a favor da independencia da ex república federal iugoslava.
Dende o Vaticano o papa Xoán Paulo II lanza unha mensaxe durante a Coresma na que non pode evitar tocar os temas do aborto e a inseminación artificial.
España: O nadador Mark Tewksbury adxudícase a vitoria nos 100 metros costas, cun rexistro de 52.67, na Superfinal da Copa do Mundo de Natación que se celebra en Palma.
Morre o neno español de 13 anos, José María Peiró a mans dos terroristas de ETA,
No Brasil o decreto 1.823 obriga a transferir as contas dunha sociedade privada para a análise da L.B.A.
Unha concentración de motos da marca Harley Davidson na cidade de Miami conta coa representación de dous pesos do automobilismo, Emerson Fittipaldi e Al Unser Jr.
Nos campionatos de tenis de Marsella o sueco, Robin Soderling perde fronte ao eslovaco Dominik Hrbaty; por outras no Open do Brasil o tenista brasileiro Gustavo Kuerten gaña ao arxentino Agustin Calleri.
O boxeador brasileiro Anderson Clayton (máis coñecido coma Pantera) vence nun combate celebrado en Guarujá o boxeador panameño, Elvis Guerreiro; Na cidade de Las Vegas o boxeador mexicano Eric Morales gaña por KO a Jesús Chávez.
No Brasil tras varios días desaparecido aparece nunha praia da rexión de Pernambuco o corpo sen vida dun bañista que foi atacado e morto por un tiburón.
San Bisancio, Caio, Xusto, Rufino, Emma, Macario e Eusebio (Mártires); Beato Augusto de Chapdelaine (Mártir); Casiano e Gregorio de Narek (Confesores); Román (Abade); Dositeo (Eremita).