O 8 de outubro é o 281º día do ano do calendario gregoriano (282º nos anos bisestos ). Quedan 84 días para finalizar o ano .
Congreso de Viena 732 : Carlos Martel vence os árabes en Poitiers .
1483 : O Papa Sisto IV confirma a fundación da Universidade de Sigüenza.
1492 : Cristovo Colón escribe no seu libro de viaxe: "Toda a noite oímos paxaros voando enriba de nós".
1600 : Primeira Constitución de San Marino .
1813 : As Cortes de Cádiz suprimen os gremios e os señoríos territoriais.
1814 : Apertura do Congreso de Viena , que tivo como obxectivo reconstruír as fronteiras de Europa e os gobernos tradicionais, totalmente trastocados despois das conquistas de Napoleón Bonaparte .
1871 : Un grande incendio destrúe gran parte da cidade de Chicago .
1881 : Inauguración da liña férrea Madrid -Lisboa , cerimonia presidida polos reis de España e Portugal , Afonso XII e Lois I .
1903 : A China asina un tratado comercial co Xapón e os Estados Unidos que garante a apertura dos portos manchús .
1917 : Lev Trotski é elixido presidente do Soviet de San Petersburgo .
1945 : O coronel Perón é obrigado a dimitir do seu cargo no goberno arxentino.
1949 : Estréase a obra teatral “Historia dunha escaleira” de Antonio Buero Vallejo .
1950 : As tropas estadounidenses de Douglas MacArthur cruzan o paralelo 38, límite das dúas Coreas , coa autorización da ONU .
1958 : En Estocolmo implántase a un paciente de 40 anos o primeiro marcapasos cardíaco completo.
1962 : O primeiro ministro de Uganda , Milton Obote , anuncia a independencia do país como monarquía constitucional, baixo a coroa británica.
1965 : O Comité Olímpico Internacional decide que as dúas Alemañas estarán representadas por separado nos Xogos Olímpicos de 1968 , en México .
1971 : España : Os vehículos matriculáranse coa contrasinal da provincia e letras dende o A até o Z.
1982 : A Dieta vota en Polonia unha lei que prohibe o sindicato Solidariedade.
1988 : Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días.
1988: Inaugúrase o metro de Valencia e a cidade pasa a ser a terceira de España con este servizo urbano.
1992 : O poeta antillano Derek Walcott gaña o Premio Nobel de Literatura .
1992: Os Reis de España inauguran en Madrid o Museo Thyssen-Bornemisza , que acolle en 48 salas os 800 cadros da colección de Hans Heinrich Thyssen.
1997 : Antonio Buero Vallejo (por toda a súa obra), Manuel Rivas (narrativa), Felipe Benítez Reyes (poesía), Sergi Belbel (literatura dramática) e Juan Marichal (ensaio) son os gañadores dos Premios Nacionais de Literatura de España 1996 .
1998 : A Academia Sueca premia co Premio Nobel de Literatura a José Saramago .
1999 : A xustiza británica aproba a extradición do ex xeneral Augusto Pinochet a España .
1999: Visto e prace á Ortografía da lingua española que, co consenso das 22 academias da lingua española, actualiza e ilustra as normas ortográficas básicas que se fixeron oficiais a mediados do século XIX.
2003: O actor Arnold Schwarzenegger gaña as eleccións para gobernador do Estado de California (EUA ). Juan Fernández Latorre 1585 - Heinrich Schütz, compositor alemán.
1676 - Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro (Padre Feijoo), monxe e ensaísta español (m. 1764 ).
1741 - José Cadalso , escritor español
1808 - José Tomás Urmeneta García-Abello, político chileno.
1838 - John Milton Hay, político e escritor estadounidense.
1849 - Juan Fernández Latorre , empresario e político galego (m. 1912).
1869 - Juan Domínguez Fontela , sacerdote, arqueólogo e historiador galego (m. 1942).
1870 - Xoán Cervera e Valderrama, mariño español.
1872 - John Cowper Powys, escritor inglés.
1873 - Ejnar Hertzsprung, astrofísico danés.
1879 - Max Von Laue, físico alemán, Premio Nobel de Física 1914 .
1881 - José Solchaga, militar español.
1883 - Otto Heinrich Warburg , fisiólogo alemán (m. 1970).
1888 - Ernst Kretschmer , psiquiatra e neurólogo alemán (m. 1964).
1895 - Juan Domingo Perón , estadista arxentino.
1896 - Julien Duvivier , cineasta francés.
1898 - Rouben Mamoulian , cineasta estadounidense.
1909 - Domingo García-Sabell , médico, escritor e político galego (m. 2003).
1909 - José Anton Muñoz Rojas, escritor e poeta español.
1910 - Alberte Balderas Reyes, matador de touros mexicano.
1920 - Victoria Garrón de Doryan, política e escritora costarriqueña.
1922 - Christian Barnard, cirurxián surafricano.
1927 - Cesar Milstein, bioquímico británico nado na Arxentina e Premio Nobel de Medicina 1984 .
1929 - Betty Boothroyd, política británica.
1936 - David Carradine , actor e cantante estadounidense.
1939 - Paul Hogan , actor, guionista e produtor australiano.
1941 - Jesse Jackson, predicador e político estadounidense.
1943 - Felipe Martínez Marzoa , filósofo galego.
1946 - Chevy Chase , actor estadounidense.
1948 - Claude Jade, actriz francesa.
1949 - Sigourney Weaver , actriz norteamericana.
1954 - Michael Dudikoff, actor estadounidense.
1958 - Miguel Anxo Fernán-Vello , escritor e editor galego.
1965 - Matt Biondi, nadador estadounidense.
1967 - Yvonne Reyes, actriz venezolana.
1970 - Matt Damon , actor estadounidense.Vittorio Alfieri 705 - Abd al-Malik ibn Marwan , califa árabe.
1354 - Cola di Rienzi, revolucionario italiano, asasinado polos seus propios partidarios.
1595 - Álvaro de Mendaña , explorador español do océano Pacífico (n. 1542).
1754 - Henri Fielding, novelista británico.
1803 - Vittorio Alfieri , dramaturgo e poeta italiano.
1821 - Juan O'Donojú, último vicerrei de España en México .
1826 - Friedrich Krupp, empresario alemán.
1844 - Martín Fernández de Navarrete, escritor, mariño e bibliotecario español.
1869 - Franklin Pierce , 14º presidente dos Estados Unidos (1853 -1857 ).
1886 - José Casado del Alisal, pintor español.
1927 - Ricardo Güiraldes , escritor arxentino.
1951 - José Joaquín Casas Castañeda, escritor e político colombiano.
1966 - Xoán Batllé Planas, gravador español.
1973 - Gabriel Marcel , filósofo existencialista francés.
1985 - John F. Enders, bacteriólogo estadounidense, Premio Nobel de Medicina 1954 .
1982 - Philip Noel-Baker , político, diplomático e atleta británico (n. 1889).
1982 - Fernando Lamas , actor arxentino.
1990 - José Luis Alonso Mañés, director español de teatro.
1992 - Willy Brandt , político alemán.
1992 - Jualma Suarez, baixista e cantante de Eskorbuto.
1994 - Manuel Piña, deseñador español de moda.
2004 - Jacques Derrida , filósofo francés.
2011 - Antonio Iglesias Álvarez , xornalista, musicólogo e pianista galego (n. 1918).
2019 - Manuel Álvarez Torneiro , xornalista e poeta galego (n. 1932).Nosa Señora dos Remedios, Santa Susana de Bluís (Mártir ); Simeón, Begoña, Pelaxio, Artemón, Ambrosio Sansedoni e Mateo Carreri (Presbíteros ); Reparada, Bríxida e Benedicta (Virxes ); Néstor, Demetrio, Hugo, Valeria, Polena, Paladia, Porcaria, Palaciata, Escravitude, Lourenza, Pelaxia, Tais, Badilón, Eusebia e Pedro de Sevilla (Mártires ); Evodio e Artoldo (Bispos ); Hais (Confesor ); Xoán de Xesús. (Relixioso )