Educouse nunha escola católica, estudou matemáticas e inglés na Universidade de Cidade do Cabo, en 1961 trasladouse a Inglaterra, onde traballou como programador de IBM. Oito anos despois realizou o doutoramento pola Universidade de Texas e ensinou inglés e literatura na Universidade de Buffalo ata 1971, ano no que se lle nega a residencia pola súa participación nas protestas contra a guerra de Vietnam, polo que volve a Suráfrica e ensina literatura inglesa na Universidade de Cidade do Cabo. En 2002 trasladouse a Adelaida (Australia) e o 6 de marzo de 2006 concedéuselle a cidadanía australiana.