Infotaula de personaT. S. Eliot
Biografía
Nacemento(en) Thomas Stearns Eliot Editar o valor em Wikidata
26 de setembro de 1888
St. Louis, Missouri, Estados Unidos
Morte4 de xaneiro de 1965 (76 anos)
Londres, Inglaterra
Causa da morteEnfisema pulmonar Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of Saint Michael (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMisuri
St. Louis
Ash Street (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (–1927)
Reino Unido (1927–) Editar o valor em Wikidata
RelixiónUnitarismo e anglocatolicismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Milton Academy (pt) Traducir
Harvard College
Merton College (pt) Traducir
Universidade Harvard
Eliot House (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , guionista , profesor universitario , letrista , escritor de literatura infantil , xornalista , escritor de contos , crítico literario , crítico social , poeta , ensaísta , crítico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Chicago
Birkbeck College Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticopoesía, dramaturxía
MovementoLiteratura moderna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeValerie Eliot (1957–1965)
Vivienne Haigh-Wood Eliot (1915–1947)
PaisHenry Ware Eliot (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Charlotte Champe Stearns Eliot (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHenry Ware Eliot (en) Traducir, Ada Eliot Sheffield, Marian Cushing Eliot (en) Traducir, Margaret Dawes Eliot (en) Traducir, Theodora Sterling Eliot (en) Traducir e Charlotte Eliot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura

IMDB: nm0253672 TV.com: people/t-s-eliot IBDB: 8808
BNE: XX837336 Bitraga: 844 Dialnet: 158575 iTunes: 206217952 Musicbrainz: ae90c453-e8ed-4fb7-9d27-35b81fd0fdac Discogs: 515778 WikiTree: Eliot-187 Find a Grave: 1631 Editar o valor em Wikidata

Thomas Stearns Eliot, nado o 26 de setembro de 1888 e finado o 4 de xaneiro de 1965, foi un poeta, dramaturgo e crítico literario norteamericano. As súas obras considéranse parte do canon literario do século XX. Premio Nobel de Literatura 1948.

Traxectoria

Naceu en St. Louis, Missouri, Estados Unidos. O seu pai, Henry Ware Eliot, dedicábase ós negocios e á banca. A súa nai, Charlotte Champe Stearns, tiña afeccións literarias, chegando a publicar algún libro.

Estudou na Smith Academy de St. Louis desde 1898 ata 1905. Pronto destacou en tódalas materias, desde o latín á física. En 1906 ingresou na Universidade Harvard, onde estudou grego, literatura inglesa, alemán, historia medieval e historia da arte.

Publicou poesía na revista da universidade. Interesouse polos poetas simbolistas franceses (Rimbaud, Verlaine, Tristan Corbière, Jules Laforgue etc.). Baixo este influxo, marchou a París en 1909, onde asistiu ás clases de Henri Bergson e Alain Fournier. Estudou tamén en profundidade a Dante e a John Donne, poeta metafísico inglés. Viaxou a Múnic e Italia. En 1911 volveu a Harvard e doutorouse en filosofía cunha tese sobre F. H. Bradley e o seu "coñecemento e experiencia". Tamén lle interesou a filosofía e a filoloxía hinduísta e o budismo.

En Harvard foi profesor axudante de filosofía. Coñeceu a Bertrand Russell, que acudiu como visitante a esa universidade, e este xúlgao o seu mellor alumno. Marchou cunha bolsa de estudos á Universidade de Marburg (Alemaña), pero, ante o inicio da guerra, fuxiu do país, trasladándose a Londres, onde coñeceu a Ezra Pound, que o introduciu no ambiente literario inglés. Neses anos coñece tamén a Virginia Woolf e o seu home, e ao novelista James Joyce, ao que admira. En 1927 adoptou a nacionalidade británica e converteuse ao anglicanismo.

Obras

Poesia

Teatro

Non-ficción