William Golding, nado en Saint Columb Minor (Cornualla) o 19 de setembro de 1911 e finado en Perranarworthal o 19 de xuño de 1993, foi un escritor británico, Premio Nobel de Literatura en 1983.
Naceu no seo dunha familia dedicada á ensinanza (o seu pai) e á actividade sufraxista (a nai), Golding estudou en Oxford e pronto converteuse en profesor. Durante a segunda Guerra Mundial foi comadante dunha lancha torpedeira, desembarcou en Normandía é foi alí onde se desengañou da bondade do ser humano. Tras alcanzar o éxito con O señor das moscas (que foi levada ó cine por Peter Brooks en 1963), Golding comezou a publicar novelas asiduamente. Ademais do Nobel gañou o premio Brooker Mac Connel, o máis importante galardón literario británico.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Golding ![]() |