Jordan McRae
Axente libre
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 28 de marzo de 1991 (33 anos)
Savannah, Xeorxia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 81 kg (179 lb)
Información da carreira
Instituto Liberty County (Hinesville, Georgia)
Universidade Tennessee (2010–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 2 / Elección: 58
Por San Antonio Spurs
Carreira dende 2014
Historial de equipos
Melbourne United (2014–2015)
Delaware 87ers (2015–2016)
Phoenix Suns (2016)
Cleveland Cavaliers (2016–2017)
→ Canton Charge (2016)
Baskonia (2017)
Washington Wizards (2018–2020)
→ Capital City Go-Go (2018–2019)
Denver Nuggets (2020)
Detroit Pistons (2020)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2016)

Jordan Tyler McRae, nado o 28 de marzo de 1991 en Savannah, Xeorxia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria deportiva

O 26 de xuño de 2014, McRae foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2014 polos San Antonio Spurs. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Philadelphia 76ers.[1] O 29 de agosto de 2014, McRae asinou co Melbourne United australiano para a tempada 2014-15.[2]

O 29 de xaneiro de 2016, McRae asinou un contrato de dez días cos Phoenix Suns.[3] Ese mesmo día fixo o seu debut na NBA, facendo 12 puntos, 4 asistencias e 2 rebotes en 25 minutos de xogo, na derrota dos Suns por 102-84 contra os New York Knicks.[4]

O 28 de febreiro de 2016, McRae asinou un contrato de dez días cos Cleveland Cavaliers.[5] O 9 de marzo de 2017, asinou un contrato multianual cos Cavaliers.[6]

O 20 de agosto de 2017, McRae asinou un contrato dunha tempada co Saski Baskonia da Liga ACB.[7]

O 20 de setembro de 2018, McRae asinou un contrato cos Washington Wizards e os Capital City Go-Go da NBA G League.[8]

O 6 de febreiro de 2020, McRae foi traspasado ós Denver Nuggets a cambio de Shabazz Napier.[9] O 1 de marzo de 2020, McRae e os Nuggets chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.

O 3 de marzo de 2020, McRae asinou cos Detroit Pistons.[10]

Notas

  1. "Sixers Acquire Draft Rights To Jordan McRae From San Antonio Spurs". NBA.com. 27 de xuño de 2014. Consultado o 9 de xullo de 2014. 
  2. "United signs Jordan as second import". MelbourneUtd.com.au (NBL.com.au). 29 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2014. 
  3. "Suns Sign Jordan McRae". NBA.com. 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  4. "Anthony returns and Knicks hand Suns 13th straight road loss". NBA.com. 29 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  5. "Cavs Sign Jordan McRae To 10-Day Contract". NBA.com. 28 de febreiro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2016. 
  6. "Cavs Sign Jordan McRae To Multi-Year Contract". NBA.com. 9 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2016. 
  7. "Baskonia adds scorer McRae". EuroLeague.net (en inglés). 20 de agosto de 2017. Consultado o August 20, 2017. 
  8. "Wizards announce 2018 Training Camp roster and schedule". NBA.com. 20 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  9. "Nuggets Acquire Jordan McRae". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. 
  10. "Pistons claim Jordan McRae off waivers". NBA.com. 4 de marzo de 2020. Consultado o 4 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

Ligazóns externas