Unha medalla de bronce é unha medalla que se outorga ao terceiro clasificado de diversas competicións como, por exemplo, nos Xogos Olímpicos, nos Campionatos Mundiais de Atletismo ou nos Campionatos Europeos de Atletismo.
Nestas competicións, os que acaban en primeiro e terceiro lugar reciben, respectivamente, a medalla de ouro e a medalla de prata.
Porén, nos primeiros Xogos Olímpicos modernos o subcampión recibía a medalla de bronce e o campión a de prata.[1][2]
Ana Peleteiro, aos seus 22 anos, no concurso de triplo salto no campionato europeo de Berlín de 2018, obtivo a medalla de bronce, cun mellor salto de 14,44 m, a un centímetro da prata, que foi para a alemá Kristin Gierisch; o ouro foi para a grega Paraskevi Papachristou, que saltou 14,60 m. A galega estivo en posicións de podio de principio a fin do concurso. Fixo dous moi bos saltos, pero que resultaron nulos, e tiña a marca de 14,55 m conseguidos ese ano en Xetafe).[3][4]
Outras institucións, como, por exmplo, a Xunta de Galicia, outorga medallas nesta categoría, como na Medalla de Galicia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medalla de bronce |