O nacionalismo branco é un tipo de nacionalismo ou pannacionalismo racista que defende a crenza que as persoas brancas son unha raza[1] e busca desenvolver e manter unha identidade racial e nacional branca.[2][3][4] Moitos dos seus defensores identifícanse e adhírense ao concepto dunha nación branca ou dun "etnoestado branco".[5]
Os analistas describen o nacionalismo branco como algo que se solapa co supremacismo branco e o separatismo branco.[4][6][7][8][9][10] O nacionalismo branco descríbese ás veces como un eufemismo ou un subconxunto do supremacismo branco, e os xornalistas e analistas empregaron ambos termos indistintamente.[8][11] O separatismo branco é a busca dun "estado só para brancos", mentres que o supremacismo é a crenza de que os brancos son superiores aos non brancos e deben dominalos,[7][8][9] tomando ideas do darwinismo social e do nazismo.[12] Os nacionalistas brancos adoitan evitar usar o termo "supremacía" porque ten connotacións negativas.[13][14]
Os nacionalistas brancos din que buscan asegurar a supervivencia da raza branca e das culturas dos estados historicamente brancos. Sosteñen que os brancos deben manter a súa maioría nos países de maioría branca, manter o seu dominio político e económico, e que as súas culturas deben ser o máis importante.[4] Moitos nacionalistas brancos cren que a mestizaxe, o multiculturalismo, a inmigración de non brancos e as baixas taxas de natalidade entre os brancos están ameazando a raza branca,[7] e algúns argumentan que equivale a un xenocidio branco.[15] Os críticos sosteñen que o termo "nacionalismo branco" é simplemente un "cambio de nome" e que ideas como o orgullo branco existen soamente para achegar unha cara pública aséptica á supremacía branca, e que a maioría dos grupos nacionalistas brancos promoven a violencia racial.[7][16]
Os grupos de dereitos civís aplaudiron a medida. Non hai ningunha distinción defendible que poida estabelecerse entre a supremacía branca, o nacionalismo branco ou o separatismo branco na sociedade actual", dixo o mércores nun comunicado Kristen Clarke, presidenta e directora executiva do Comité de Abvgados polos Dereitos Civís baixo a Lei.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nacionalismo branco |