O nacionalismo grego (ou nacionalismo helénico) é un movemento nacionalista que defende a unidade dos gregos e da súa cultura.[1] Como ideoloxía, o nacionalismo grego xurdiu e evolucionou en tempos premodernos.[2][3][4] Converteuse nun importante movemento a comezos do século XVIII, o cal culminou coa guerra de independencia de Grecia (1821–1829) contra o Imperio Otomán.[1] Pouco despois, converteuse nunha importante ideoloxía en Grecia durante a primeira guerra mundial, cando os gregos, inspirados pola Megali Idea, conseguiron liberar partes de Grecia nas guerras balcánicas, e despois da primeira guerra mundial, ocuparon brevemente a rexión de Smyrna antes de ser recuperada de novo por Turquía.[1]
O nacionalismo grego tamén foi a principal ideoloxía dos dous réximes ditatoriais en Grecia durante o século XX: o Réxime do 4 de agosto (1936-41) e a Ditadura dos coroneis (1967-74).
No presente, o nacionalismo grego segue a ser importante na disputa greco-turca sobre Chipre[1] entre outras disputas (véxase nacionalismo grego en Chipre).
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia |