Paul Watzlawick
Nacemento25 de xullo de 1921
Lugar de nacementoVillach
Falecemento31 de marzo de 2007
Lugar de falecementoPalo Alto
NacionalidadeAustria e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade Ca' Foscari de Venecia
Ocupaciónfilósofo, psicólogo, psicoterapeuta, sociólogo, profesor universitario, escritor de non ficción e communication scholar
PremiosGold Decoration for Services to the City of Vienna, Viktor Frankl Award e honorary doctorate of the Bordeaux Montaigne University
Na rede
IMDB: nm2840936 Dialnet: 1635242 Musicbrainz: 2565ae6f-6c7b-4ac7-999f-db1cd3e984ce Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.)

Paul Watzlawick, nado o 25 de xullo de 1921 en Villach, Austria, e finado o 31 de marzo de 2007 en Palo Alto, California, foi un teórico e psicólogo austríaco nacionalizado estadounidense.[1] Foi un dos principais autores da Teoría da comunicación humana e do Construtivismo radical, e unha importante referencia no campo da terapia familiar, terapia sistémica e, en xeral, da psicoterapia. Desde 1960, residiu e traballou toda a súa vida na cidade e Universidade de Palo Alto, en California.

Traxectoria

Tras completar os seus estudos primarios en Villach, Paul Watzlawick estudou Psicoloxía e Filoloxía na Universidade de Venecia e graduouse en 1949. Traballou no Instituto C. G. Jung en Zúrich, onde recibiu outro diploma en 1954. Amosando un grande interese pola filosofía oriental e budista (en particular, a filosofía zen),[2] Paul decidiu partir cara a India e quedar alí durante un ano o que levou a que esas ideas filosóficas impregnaran parte da súa obra -por exemplo, usou os conceptos filosóficos kōan ou budistas para explicar mellor algunhas pasaxes das súas teorías. Sen afectar o rigor científico e expositivo, as ideas filosóficas e as concepcións desas culturas impregnaron sutilmente as obras máis maduras de Watzlawick, quen fixo uso ocasional dos conceptos filosóficos.

En 1960, foi convidado por D. Jackson a continuar as súas investigacións no Mental Research Institute de Palo Alto, no estado norteamericano de California. En 1967, comezou a impartir clases de Psiquiatría na Universidade de Stanford.[3] Alí, Watzlawick estudou en compañía dos seus colegas a teoría do Dobre Vínculo (Double Bind), aínda que a súa maior achega, en relación tamén co traballo de Gregory Bateson, é no campo da Pragmática da comunicación humana.

Tras levar longo tempo sufrindo unha grave enfermidade, Watzlawick faleceu o sábado 31 de marzo de 2007 en Palo Alto, aos 85 anos de idade.

Axiomas de Watzlawick

Segundo Watzlawick, existen cinco axiomas na súa teoría da comunicación humana[1]. Considéranse axiomas porque o seu cumprimento é indefectible; noutros termos, reflicten condicións de feito na comunicación humana, que nunca se achan ausentes. Noutras palabras: o cumprimento destes axiomas non pode, por lóxica, non verificarse.

Comunicación fracasada entre individuos

Os fracasos na comunicación entre individuos preséntanse, cando:

Comunicación exitosa entre individuos

A comunicación entre individuos é boa cando:

Obras do autor

Watzlawick é autor de 18 libros (traducidos a 85 idiomas) e colaborou en máis de 150. Algúns deles son:

Recoñecementos

Foi Doutor honoris causa polas universidades de Liexa, Bordeos e Bos Aires.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 DPA (10-4-2007). "aul Watzlawick, psicólogo y filósofo". elmundo.es (en castelán). Consultado o 20-10-2019. 
  2. Nardone, G. (2000). Oltre i limiti della paura (en italiano). Milán: BUR Biblioteca Univ. Rizzoli. ISBN 978-8817864862. 
  3. Torres, Arturo. "La teoría de la comunicación humana de Paul Watzlawick". psicologiaymente.com (en castelán). Consultado o 20-10-2019. 
  4. "Obituario: Paul Watzlawick". Infocoop (en castelán). 25-4-2007. ISSN 1886-1385. 

Véxase tamén

Outros artigos