Coordenadas: 42°26′05″N 8°38′30″O / 42.43476, -8.641613

Ponte de Santiago
Localización
RíoLérez
ConcelloPontevedra
ProvinciaPontevedra
Características
Construción1981 - 1983
Lonxitude99 m
Ancho17 m
TipoPonte trabe
MaterialFormigón armado

A ponte de Santiago cruza o río Lérez na cidade de Pontevedra, discorrendo por ela a estrada N-550. Une o centro da cidade coa zona da Xunqueira e o barrio do Burgo.

Historia

O proxecto desta ponte para desconxestionar o tráfico da ponte do Burgo pola que pasaba a N-550[1] presentouse en 1980. A súa construción iniciouse en xuño de 1981 e foi levada a cabo polo ministerio de Obras Públicas do goberno de España cun custo de 173 millóns de pesetas.[2]

Foi inaugurada o 11 de setembro de 1983 polo exministro de Obras Públicas Jesús Sancho Rof.[2] O seu pleno rendemento non se produciu ata a reforma da avenida de Bos Aires e a inauguración da avenida de Compostela o 3 de xullo de 1987, que con catro carrís deu continuidade á ponte de Santiago e proporcionou unha nova saída á cidade desde o norte cara a Santiago de Compostela e A Coruña.[3]

Descrición

Trátase dunha ponte do tipo trabe feita en formigón armado,[4] con dous taboleiros apoiados en catro piares. Cada un dos dous taboleiros ten tres vans. A luz do van central é de 48 metros e a dos laterais 25 metros.

A ponte ten 99 metros de lonxitude[4] e 17 metros de longo. Consta de catro carrís para vehículos, varandas e dúas beirarrúas. A ponte termina na beira norte cun amplo paso para peóns e ciclistas.[5] Comunica a rúa Padre Amoedo Carballo coa Avenida de Compostela.

Nos seus primeiros anos de funcionamento denominouse simplemente Terceira Ponte ata a apertura ao tráfico da Avenida de Compostela,[6] momento no que por ser a saída natural da cidade cara a Santiago de Compostela pasou a denominarse Ponte de Santiago.[7]

Galería de imaxes

Notas

  1. "Los puentes de Adolfo Suárez". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de marzo de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "Apertura del tercer puente sin la avenida de Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de setembro de 2018. 
  3. "Inauguración de la nueva avenida de Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Un plan de 25 millones frente a las grandes crecidas históricas del Lérez". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de maio de 2023. 
  5. "El Puente de Santiago contará con dos pasos de peatones antes del verano". Pontevedra Viva (en castelán). 27 de marzo de 2014. 
  6. "La reforma del viejo puente del tren de Monte Porreiro se hará este año para abrirlo al público". Diario de Pontevedra (en castelán). 8 de febreiro de 2021. 
  7. "Pontevedra, la ciudad de los puentes". El Español (en castelán). 25 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos